Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A cifra de persoas que empregan a Internet acotío increméntase nun 10,8% no Estado
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A cifra de persoas que empregan a Internet acotío increméntase nun 10,8% no Estado

Redacción
Publicado: 25/02/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

computador_traballando-2.jpgNo ámbito estatal o número de persoas de entre 16 e 74 anos que se conectan á Rede acotío é de 20,6 millóns. Esta cifra, corresponde ao ano que vimos de deixar atrás, supón unha suba do 10,8% en relación ao acadado a 2013 e, en palabras do Observatorio Nacional das Telecomunicacións e da Sociedade da Información (ONTSI), “certifica unha maior penetración das Tecnoloxías da Información e a Comunicación”. Son datos incluídos no informe Perfil Sociodemográfico dos Internautas (2014), feito polo devandito observatorio. Na investigación tamén se indica que 29,5 millóns de persoas de 10 ou máis anos utilizaron Internet nalgunha ocasión, cifra que representa un incremento do 2% respecto ao ano anterior.
O informe, feito sobre unha base de 15.574 vivendas, certifica nun plano sociodemográfico que o 98,5% dos individuos de 16 a 24 anos accederon a Internet nalgunha ocasión. Os estudantes, sinálase, presentan niveis de uso practicamente universais, xa que o 99,1% deles accedeu algunha vez á Rede.
Ao fío dos ingresos das familias e a súa relación coa Rede, a investigación expón que o 95,5% dos individuos cunha renda neta por fogar superior aos 3.000 euros mensuais accede semanalmente a Internet, mentres que esta porcentaxe redúcese ao 49,5% nas familias cun ingreso medio inferior a 900 euros.
Nas cidades de máis de 500.000 habitantes a porcentaxe de internautas que accede cada semana á Rede é do 78,8%, pero redúcese ao 64,1% en concellos de menos de 10.000 habitantes.
Respecto ao uso que fan de Internet os usuarios que se conectan acotío, o estudo conclúe que o 90,5% envía ou recibe correo electrónico, o 90% busca información sobre bens e servizos, o 83,7% le noticias e prensa en liña, o 74,4% participa en redes sociais e o 36,3% telefona ou realiza vídeo chamadas a través de Internet.
A maiores, o 58,3% xoga ou descarga xogos, películas ou música; o 52,6% pendura contidos propios para compartir; o 42% escoita radio emitida por Internet; o 31,3% xoga en rede con outras persoas, e o 12,5% crea páxinas web ou blogs.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?