Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A cultura dixital, a debate na Conversa do CulturaLab deste mércores 25
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A cultura dixital, a debate na Conversa do CulturaLab deste mércores 25

Redacción
Publicado: 25/02/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Xuntanza de traballo do colectivo galego Alg-a
Xuntanza de traballo do colectivo galego Alg-a
O Máster de Servizos Culturais da Universidade de Santiago volve este mes mércores a habilitar un escenario, o das Conversas do CulturaLab, no que debater sobre fórmulas de facer actividade produtiva botando man das diferentes (e en moitas ocasións interconectadas) formas que adopta a cultura. Dito doutro xeito: trátase de falar arreo de como ser un profesional da creación artística, gráfica, literaria, musical ou audiovisual (entre outras linguaxes). Como é lóxico, as novas tecnoloxías da información andan preto de calquera debate destas características. O encontro que prepara CulturaLab este 25 non é unha excepción: a cultura dixital será o eixo temático da nova xeira de conversas. A cita será este mércores no Museo Provincial de Lugo as 19:00h.
Lembrar que as Conversas do CulturaLab son unha serie de encontros abertos á participación que procuran reivindicar a conversa e o debate como forma de aprendizaxe. Desta volta, logo de tres sesións, achégase a oportunidade de falar con Manuel Cebral Loureda (Man Hauser), licenciado en filosofía e coordinador e director do Alg-a Laboratório, (Valadares, Vigo) centro independente de arte dixital e cultura libre, no que desenvolven proxectos como programación creativa, electrónica DIY e circuit bending entre outros.
A charla pretende debater en torno á sociedade do espectáculo actual, “onde a industria do lecer convértese dalgunha maneira nunha cadea de produción de desexo”, sinalan os organizadores, que tamén apuntan a que no debate deste mércores farase fincapé no feito de que dende a cultura dixital “sexa posible recuperar ao suxeito como peza chave na produción e distribución de coñecementos”. E engaden: “Hai por tanto esa outra cultura dixital que hibrida coas prácticas tradicionais de reparto de recursos de forma comunal e será en torno a este fío, polo que Man Hauser guiará a conversa”.
Asemade, durante a conversa citaranse algúns exemplos de como a cultura dixital está a transformar espazos como poden ser as artes escénicas, a través do proxectos de investigación como herm3TICa, no que colabora o conversador.
Sinalar que esta charla é a última das catro propostas no marco do CulturaLab do Máster de Servizos Culturais da USC. O obxectivo dos responsables dos encontros foi convertelos nun lugar de debate aberto á toda a cidadanía “no que repropoñer e cuestionar o papel da cultura á hora de enfrontarse aos desafíos que como sociedade temos por diante”, explican.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?