Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: 25 equipos de sete países traballan arreo xa nos retos de Desafíos Millennials
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

25 equipos de sete países traballan arreo xa nos retos de Desafíos Millennials

Redacción
Publicado: 26/02/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

desafio_milennials.jpgA RedEmprendia, iniciativa coordinada pola Universidade de Santiago e con sede no Campus Vida compostelán, impulsou o programa Desafío Millennials, un conxunto de retos no que traballan xa preto de cen estudantes de sete países, organizados en 25 equipos de múltiples disciplinas. Os estudantes seleccionados seguirán ao longo dos meses vindeiros un pan de traballo e adicarán os seus esforzos a catro desafíos baseados en casos reais, e propostos polos titores de cada empresa participante: a galega Plexus, Sonae e Banco Santander.
Cada equipo contará co apoio e asesoramento da empresa para dar forma a unha proposta. As catro solucións consideradas mellores -unha por desafío- recibirán cada unha un premio en metálico de 3.000 euros.
Segundo informa a organización de Desafío Millenials, o programa espertou o interese de estudantes de Arxentina, Brasil, Colombia, Ecuador, España, México e Portugal.
Os participantes contarán co apoio de titores especializados para desenvolver novas aplicacións e servizos para estudantes, definir as bases da banca en liña para a xeración Millennials ou planificar a expansión de marca no mercado latinoamericano.
Plexus, compañía galega do sector TIC e especializada na prestación de servizos en telecomunicacións, expuxo o seu desafío para “coñecer de primeira man a demanda dos estudantes e tentar facer realidade o proxecto proposto que sexa mellor valorado”, contribuíndo a xerar oportunidades e emprego e a desenvolver tecnoloxías que melloren a calidade de vida das persoas. Segundo engaden os responsables da empresa, “o talento e a capacidade para innovar e investigar no ámbito tecnolóxico da xeración Millennials son enormes”, polo que é máis necesario que nunca tender pontes entre empresas e universidades co obxectivo de “construír un sistema produtivo sólido baseado no coñecemento”.
Lembrar que RedEmprendia é unha rede universitaria iberoamericana que busca promover a transferencia de coñecemento, o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e o emprendemento responsable. Está formada na actualidade por 24 universidades líderes iberoamericanas de 7 países (Arxentina, Brasil, Chile, Colombia, España, México e Portugal), Universia, rede universitaria formada por 1.345 universidades de fala hispana e portuguesa, e Banco Santander, por medio de Santander Universidades.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?