BBVA asinou hoxe un convenio de colaboración financeira e de servizos con La Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG). Con este novo acordo, BBVA pon a disposición dos membros da Asociación un amplo conxunto de produtos e servizos financeiros para apoiar as súas necesidades, coa finalidade de favorecer o desenvolvemento da súa actividade económica, produtividade e innovación tecnolóxica.
“A sinatura deste convenio de colaboración responde ao compromiso de BBVA con Galicia, que se une ao noso firme apoio ao tecido empresarial galego, poñendo á súa disposición as nosas fortalezas para afrontar os seus retos futuros: innovación, internacionalización e financiamento solvente” afirmou José Luis Serrano, director de zona de BBVA en Galicia Norte. Por parte da Asociación foi o seu presidente, Ramón Bermúdez de Castro, quen procedeu á firma, afirmando que “o financiamento é” de vital importancia” “para o desenvolvemento das empresas”.
Mediante o asinado deste acordo, os asociados adheridos á asociación poderán obter, entre outras vantaxes, contas sen comisións, xestión de cobramentos, xestión diaria, convenios de financiamento ICO, financiamento de circulante, financiamento a medio e longo prazo e seguros.
AETG asina un convenio de colaboración co BBVA
Compartir Este Artigo
