Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CITIC presentou en Málaga un proxecto para dotar de telecomunicacións avanzadas ás infraestruturas do tren
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CITIC presentou en Málaga un proxecto para dotar de telecomunicacións avanzadas ás infraestruturas do tren

Redacción
Publicado: 26/02/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

citic_tecrail.jpgOs días 11 e 12 de febreiro, o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) estivo presente en Transfiere (en galego Transfire), 4º Foro Europeo para a Ciencia, Tecnoloxía e Innovación, celebrado en Málaga, presentando as capacidades e proxectos de investigación máis relevantes do Centro. Un deles foi o Proxecto TECRAIL, que persegue estudar a viabilidade das tecnoloxías LTE e a converxencia IP para proporcionar servizos de telecomunicacións sen fíos en contornas ferroviarias, de tal maneira que sexan aplicables á sinalización ferroviaria, a condución automática, as comunicacións embarcadas e as comunicacións tren-terra. Este proxecto viu a luz en outubro de 2011 e rematou en decembro do 2014.
Enmarcado dentro da convocatoria do Plan Avanza, detrás de TECRAIL atópase un consorcio formado por representantes da Administración -Adif e Metro de Madrid-, de empresas privadas -Alcatel e AT4Wireless- e, por suposto, do ámbito científico -Universidade da Coruña, Universidade Politécnica de Madrid e Universidade de Málaga-.
Segundo explica o CITIC ao fío dos achados que se deron a coñecer en Málaga (os seus porqués, os seus obxectivos), nos últimos anos as contornas ferroviarias transformáronse nunha área chave para o sector das Telecomunicacións. “Os grandes operadores levan anos tratando de facer contornas máis rendibles e eficientes”, sinalan fontes do centro, que engaden que “as características específicas que envolven a contorna ferroviaria fan que as tecnoloxías LTE non sexan directamente trasladables a este ámbito sen estar altamente probadas, dado que a seguridade é unha das consideracións máis importantes”.
Así, explica o CITIC, a necesidade de dotar aos trens dun sistema de comunicación sen fíos eficaz e seguro segue vixente, e a tendencia está a evolucionar do uso da tecnoloxía GSM-R cara ás tecnoloxías 4G. Que vantaxes presentan estas redes? Principalmente, maior velocidade e concorrencia de aplicacións móbiles, meirande calidade de vídeo e menor tempo de resposta que se traduza nunha mellora da interactividade.
En todo este contexto é onde entra en xogo o labor do CITIC, desenvolvendo un dispositivo hardware demostrador específico para a contorna ferroviaria que analiza as transmisións LTE e se estas son correctas ou non. Os datos capturados por este hardware procésanse para extraer métricas que permitan obter unhas conclusións acerca da calidade das tramas LTE recibidas. Luís Castedo, investigador principal da Área Tecnolóxica de Comunicacións Inalámbricas do CITIC, afirma que “deste xeito, o Proxecto TECRAIL poderá analizar a problemática, as situacións e as tecnoloxías, e traballar no desenvolvemento de solucións óptimas”. Todo iso sen esquecer que o obxectivo principal reside en proporcionar as comunicacións IP tren-centro de control coa calidade requirida polas novas necesidades en control e seguridade, como a condución automática.
O proxecto contemplou, desde o inicio, a realización de probas nunha contorna real en vía con equipamento embarcado en trens, co fin de demostrar a aplicación real das conclusións obtidas e avaliar os resultados tanto en contornas interurbanas como en ferrocarrís convencionais e de alta velocidade. As instalacións escollidas foron o Metro de Madrid e as novas instalacións de Adif no Centro de Tecnoloxías Ferroviarias de Málaga.
E os seguintes pasos?
Unha vez máis, o CITIC mantén a súa mirada en Europa e, neste caso concreto, en Shift2Rail, unha iniciativa enmarcada dentro de Horizonte 2020 que promove labores de investigación e innovación para a definición do novo papel que o ferrocarril ha de xogar en Europa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?