Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os gandeiros poderán consultar datos sobre a súa actividade grazas a unha app da Deputación e AFRICOR-Lugo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os gandeiros poderán consultar datos sobre a súa actividade grazas a unha app da Deputación e AFRICOR-Lugo

Redacción
Publicado: 26/02/2015
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

depu_lugo_presentacion_app_pastoriza.jpgA Pastoriza (Lugo) acolleu este xoves a presentación dunha ferramenta para dispositivos pioneira no Estado español. Trátase dunha aplicación para trebellos móbiles que permite aos gandeiros consultar datos sobre a produción das súas vacas, “o que facilita a xestión das explotacións e incrementa a competitividade”, segundo sinalou a Deputación de Lugo, que é xunto con AFRICOR-Lugo a entidade responsable do desenvolvemento da ferramenta. Esta foi dada a coñecer na SAT Os Foros da Pastoriza e, a xuízo do organismo provincial, sen dúbida estamos ante a primeira app destas características aparecida en España. A Deputación impulsou esta ferramenta cunha achega de 6.000 euros, “máis da metade do orzamento preciso para sacala adiante”.
A app, sinalaron os impulsores da mesma perante os gandeiros da Pastoriza, ten dúas seccións. Por unha banda unha contorna de acceso público, “no que calquera usuario pode acceder a información xeral sobre o sector leiteiro de Galicia (novas, normativas, axudas…), así como de animais en venda, o que contribúe a dinamizar a compra venda de reses criadas na provincia, valorizando a recría feita na comunidade”. Doutra banda, explicouse, os 1.700 socios de AFRICOR-LUGO poden acceder en tempo real aos resultados do control leiteiro e a consellos de reprodución co fin de mellorar a xenética e evitar a consanguinidade. “Para isto”, explica a Deputación, “o gandeiro tan só ten que introducir os últimos catro números do crotal que levan as vacas na orella”.
Para o organismo provincial e AFRICOR, sen dúbida unha das grandes vantaxes deste recurso tecnolóxico é que os gandeiros poden ver os datos dos seus animais de xeito moi sinxelo a través do teléfono móbil en calquera lugar, aínda non tendo cobertura de Internet, xa que unha vez cargados na memoria do dispositivo, poden consultarse sen conexión. A aplicación Africor Lugo xa se pode descargar de balde no móbil, en versión iOS e en versión Android. Tamén está dispoñible na tenda de Microsoft para poder utilizala nas tabletas que levan sistema operativo Windows.
A vicepresidenta da Deputación Lara Méndez subliñou na toma de contacto cos gandeiros (e potenciais usuarios da ferramenta) que esta nova colaboración con AFRICOR responde ao “noso apoio permanente aos gandeiros” e tamén a “un dos obxectivos fundamentais nos que levamos traballando nos últimos oito anos: aproveitar todas as oportunidades que ofrecen as novas tecnoloxías para o impulso dun sector estratéxico na nosa provincia como o leiteiro”. E engadiu: “En Lugo producimos case a metade do leite de Galicia e a nosa provincia ingresa uns 230 millóns de euros ao ano soamente coa venda de leite”.
A vicepresidenta tamén salientou “a posición de vangarda” que sempre tivo AFRICOR no uso das novas tecnoloxías. E explicou: “Mentres noutras provincias españolas, os datos do control leiteiro aínda se manexan en papel ou como moito en PDA, en Lugo xa fai 10 anos que se utilizan medios dixitais, primeiro mensaxes de móbil e agora Internet”. O presidente de AFRICOR-LUGO, José Carlos Vega Rodríguez, cualificou a posta en marcha desta aplicación como “un avance moi práctico de cara ao traballo diario dos gandeiros e ao acceso aos seus datos”.
Como dixemos, a presentación da ferramenta para trebellos Africor Lugo tivo lugar na Sociedade Agraria de Transformación (SAT) Os Foros, de Álvare, no Concello da Pastoriza, unha gandería formada por catro socios, Manuel e Pilar Legaspy Gesto, Jesús Otero Moirón e Yolanda Alba Gallo, que fusionaron as súas explotacións para ser máis competitivos e buscar unha maior rendibilidade do seu negocio. Segundo explica a Deputación, contan cunhas 150 vacas, cunha media de produción de 13.876 quilos, unha das máis altas de Galicia. “De feito, Os Foros foi a mellor gandería por media de produción da provincia de Lugo e a segunda de Galicia no ano 2013”, engade o organismo provincial.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?