Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Innovation Startup Vigo Camp pecha primeira edición con tres sorprendentes ideas de negocio TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Innovation Startup Vigo Camp pecha primeira edición con tres sorprendentes ideas de negocio TIC

Redacción
Publicado: 27/02/2015
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

VigoCamp.jpgA primeira edición da iniciativa Innovation Startup Vigo Camp pechou este xoves amosando en detalle tres innovadoras ideas de negocio. Foron, segundo indican os responsables do programa de emprendemento, sete semanas de “intensa convivencia e exhaustiva formación” no que participaron quince futuros empresarios, recentemente titulados universitarios. No acto de clausura, os mozos recibiron os seus diplomas da man da delegada da Zona Franca de Vigo, Teresa Pedrosa, o presidente da Cámara de Comercio de Vigo, José García Costas e Javier Collado, director xeral de INCYDE xa que o proxecto, que xa se está a difundir arestora a outras cidades, é froito da colaboración entre este tres institucións.
Segundo indican os organizadores, o punto de partida foron corenta ideas iniciais. A partir de aí, os participantes foron abandonando unhas e perfilando outras ata que finalmente foron sete as ideas de negocio das que tres se presentaron este xoves e sobre as que o comité organizador deliberará sobre cal delas obterá o premio dun ano de permanencia de balde no viveiro de empresas de Porto do Molle, en Nigrán.
Por unha banda presentouse Effitree, que é unha árbore con paneis solares que serve para cargar móbiles e que se pode instalar en parques e xardíns públicos. O sistema acompáñase dun primeiro modelo de negocio (entre outros modelos) no que, durante o tempo de carga, aparecería no móbil publicidade de compañías de telefonía.
A maiores, deuse a coñecer unha aplicación para pulseiras que, co nome de Humanometrics, serve para rexistrar as sensacións que un usuario poida ter ao longo do día. Estes datos, cruzados coas diferentes actividades realizadas durante ese tempo, proporcionarían información sobre que tarefas fanlle a un sentirse mellor.
Pola súa banda, Neuropsycology foi o terceiro proxecto presentado, unha iniciativa dirixida a axudar a persoas que sufriron un accidente cerebral. Esta app para exercicios de rehabilitación (e que se soporta sobre unhas luvas e unhas lentes), xera unha realidade virtual que reproduce as tarefas que se teñen que desenvolver na vida diaria. Segundo se fixo saber, os integrantes do equipo que deseñou este proxecto xa teñen unha cita para presentar o seu traballo a vindeira semana nun instituto de neuropsicoloxía de Barcelona.
Os quince participantes deste campamento seleccionáronse entre un gran número de candidatos de diversas titulacións e distintos puntos de España. Grazas ao programa, tiveron aloxamento nun establecemento hostaleiro de Nigrán e gozaron da oportunidade de traballar en sesións desenvolvidas no espazo de coworking do Centro de Negocios de Porto do Molle. Ademais, puideron participar en xornadas que tiñan como obxectivo activar as súas habilidades empresariais. “Sobre un obxectivo de chegar a deseñar tres startups de alto contido innovador”, sinalan os organizadores do evento, “os participantes aprenderon a traballar en equipos multidisciplinares, a converter as necesidades dunha contorna en oportunidades de negocio e sobre esas bases chegar a constituír empresas”. Cun orzamento de 60.000 euros, o programa tirou proveito do financiamento achegado polo propio Consorcio da Zona Franca e polo Fondo Social Europeo a través da Fundación INCYDE.
No campamento, os futuros empresarios contaron coa axuda dun equipo de mentores formado por expertos en diferentes áreas da empresa. Ademais dos seminarios de formación, os participantes tamén asistiron a eventos de networking con emprendedores e profesionais innovadores, e visitaron as instalacións de PSA Citroën Vigo, a fábrica de Inditex, o centro tecnolóxico AIMEN, a Escola de Negocios AFundación e a Fundación Juana de Vega en Oleiros, ademais de participar na quinta edición do Lacon Network, coñecer o Centro de Emprendemento do Gaiás ou afondar no programa da aceleradora de empresas e emprendedores ViaVigo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?