Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Premiados na USC dous proxectos de investigación histórica e de innovación tecnolóxica en reputación en liña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Premiados na USC dous proxectos de investigación histórica e de innovación tecnolóxica en reputación en liña

Redacción
Publicado: 27/02/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

DSCF2942.jpgEsta semana pechouse na Universidade de Santiago a segunda entrega do programa Argos, que impulsou a creación de equipos de persoas emprendedoras para o desenvolvemento de negocios innovadores e con potencial rendible. O peche da segunda edición formalizouse cunha entrega de premios, cos que se quixeron recoñecer as iniciativas emprendedoras máis salientables. Por unha banda distinguiuse o proxecto Nexos, promovido por Balbina Gándara Antelo e Jessica Méndez Lema, unha proposta para rendibilizar a investigación histórica, e pola outra Nostraker, impulsada por Iván Dobarro Montaña e María Cruz Negreira Ruíz, que consiste nun proxecto que segue e avalía as opinións de servizos tecnolóxicos.
Nexos e Nostraker impuxéronse nas modalidades Argos Enxeño e Argos Spin, respectivamente. Cada premio, informa a USC, supón unha achega en metálico de 3.000 euros, seis meses de acceso de balde a espazos de acubillo e asistencia técnica durante o proceso de constitución da empresa.
Nun plano máis detallado, Nexos propón traballar en actividades de investigación histórica con aplicacións nos ámbitos do dereito, a documentación de bens do patrimonio cultural, a comunicación empresarial e institucional e a xenealoxía. Nostraker é un proxecto emprendedor orientado á oferta de produtos e servizos de innovación tecnolóxica para o seguimento e a análise da reputación en liña. Argos convocou dúas categorías segundo a orixe da idea de negocio: Argos Spin, para proxectos empresariais xurdidos a partir dalgún resultado de investigación xerado na USC; e Argos Enxeño, dirixido aos proxectos xurdidos das ideas de negocio achegadas polos participantes no programa.
Xunto estas dúas propostas outros tres proxectos completaron o programa de Argos: Mobiliza -empresa de reinserción social e laboral de ex reclusos-, na convocatoria de Argos Enxeño, e Advanced Optical Solutions (AOS) – solucións ópticas avanzadas no eido da visión e a oftalmoloxía – e Silicon Design Solutions, Arithmetic Processors -solucións globais de calidade a través da utilización de resultados de investigación punteiros- na de Argos Spin, que recibiron un diploma acreditativo de ter completado as distintas etapas de Argos.
O reitor Juan Viaño presidiu a entrega de premios aos equipos de emprendedores resultantes nun acto no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome. Tamén interviñeron a concelleira de Educación e Xuventude do Concello de Santiago, Maite Cancelo Márquez; o director de Servizos da Axencia Galega de Innovación, José Manuel Abella Anido; o director de Competitividade do IGAPE, Norberto Penedo Rey; e o director da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC (AVTE), José Luis Villaverde Acuña.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?