Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo organizou unha xornada sobre oportunidades das TIC para os maiores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo organizou unha xornada sobre oportunidades das TIC para os maiores

Redacción
Publicado: 02/03/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

depu_lugo_hoffman.jpgEste sábado celebrouse en Lugo un encontro para estreitar ligazóns entre a terceira idade e Sociedade do Coñecemento. Falamos da Xornada sobre retos e oportunidades das novas tecnoloxías para os nosos maiores organizada pola Fundación TIC (Deputación de Lugo), que contou coa participación (entre outras relatoras) da creadora do Método Hoffmann e fundadora da rede de franquías de Centros de Día Vitalia, Catalina Hoffmann. Na xornada, que foi inaugurada pola vicepresidenta do organismo provincial, Lara Méndez, a devandita relatora falou da súa experiencia en emprendemento e innovación, unha experiencia que en palabras da vicepresidente valeulle para converterse nun “referente en tecnoloxía terapéutica” e en materia de estudo na Universidade de Harvard. Ademais, sinalou, recibiu o prestixioso Premio da Fundación Príncipe de Girona Empresa 2013.
A xornada formou parte do traballo que está a realizar a Fundación TIC para promover o envellecemento activo e o benestar dos maiores da provincia a través do uso das novas tecnoloxías. No transcurso do mesmo e facendo referencia a este compromiso de divulgación, a vicepresidenta sinalou que “tanto na Deputación como na TIC estamos especialmente sensibilizados cos nosos maiores, xa que Lugo está situado no top ten das provincias máis avellentadas da Unión Europea”. Segundo os datos da Oficina Europea de Estatística, engadiu, “a provincia ocupa o noveno posto deste ranking, cun 28,2 % de poboación de máis de 65 anos”.
Lembrar que Catalina Hoffmann é graduada do Programa de Desenvolvemento Directivo da IESE Business School da Universidade de Navarra. Ten estudos en medicina e é graduada en terapia ocupacional e especialista en estimulación cognitiva. Recibiu, entre outros moitos galardóns, o premio Expansión ao Emprendemento e o Premio Fundación Príncipe de Girona Empresa 2013, que recoñece a mozos con iniciativas emprendedoras na execución dun proxecto orixinal e viable. Ademais, en 2012 creou a Fundación Catalina Hoffmann orientada á atención de persoas maiores con escasos recursos. A xornada rematou cun obradoiro práctico de Wii Terapia para maiores. Para o seu desenvolvemento instaláronse consolas con monitores. Contou coa presenza de terapeutas que dirixirán a actividade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?