
Como lembra AMTEGA, estes números foron acadados grazas á colaboración co operador R. As actividades conxuntas xeradas, sinálase, “conseguiron que máis de 1.400.000 galegos teñan acceso a redes de fibra óptica de ata 200 Mbps”. A importancia destes froitos é aínda maior, explica a axencia, se temos en conta que as devanditas capacidades de conexión “permitirán desenvolver modelos de negocio máis eficaces e eficientes, novas formas de producir e comercializar produtos e servizos e diferentes xeitos de comunicación entre cidadanía, empresas e administracións”.
Segundo engade AMTEGA facendo un pouco de repaso histórico, “Galicia foi unhas das primeiras comunidades da Unión Europea que subvencionou a implantación de redes de nova xeración, conseguindo que estas fosen despregadas en preto de 200 núcleos de máis de 500 habitantes, fóra das grandes cidades·. Isto, como lembraremos, mobilizou un investimento conxunto da Administración e o operador galego de máis de 130 millóns de euros na nosa terra.
AMTEGA e R anuncian que máis da metade dos galegos teñen acceso a servizos de ata 200 Mbps
Compartir Este Artigo
