Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vodafone presenta Call+, un servizo de voz sobre LTE con moita marxe multimedia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vodafone presenta Call+, un servizo de voz sobre LTE con moita marxe multimedia

Redacción
Publicado: 02/03/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

vodafone_call_.jpgVodafone España presentou esta fin de semana o servizo Call+, unha iniciativa encamiñada a mellorar a experiencia de chamada dos usuarios, posibilitando compartir fotografías, contactos, mapas e vídeos en tempo real. Segundo apunta a operadora, trátase dunha mestura entre servizo de mensaxería instantánea (iso de permitir enviar e recibir imaxes ou outro tipo de arquivos e de que se poida facer ao momento) e servizo tradicional de voz, un factor de comunicación que Vodafone quere reivindicar a través de Call+ por ser “moito máis emocional e persoal”. Ou sexa, porque coa voz redúcese o factor de incerteza sobre o estado de ánimo do noso interlocutor (cousa que con servizos de escrita costa máis deducir).
Call+, sinala a compañía, utiliza a tecnoloxía voz sobre LTE, VoLTE, que é un novo estándar da industria das telecomunicacións que, a xuízo de Vodafone, é “cen por cen interoperable (apoiado pola GSMA) e permite realizar e recibir chamadas a través dunha conexión de datos coa fiabilidade e seguridade da rede 4G de Vodafone”. E engade a empresa: “O uso de VoLTE permitirá aos clientes de Vodafone España por primeira vez gozar de servizos de datos durante unha chamada de voz”.
No que se refire ao seu funcionamento, consiste primeiro (antes de chamar) en personalizarmos unha chamada e facela máis efectiva con opcións variadas: cousas como definir a importancia do reclamo, engadir un asunto, enviar a localización ou achegar unha imaxe. Logo, o destinatario que recibe a chamada poderá ver toda esta información na pantalla do seu teléfono xunto ao nome do contacto que lle chama. Durante a conversa, sinala Vodafone, poderemos tirar partido da tecnoloxía 4G. Así, mentres falamos, estaremos en disposición de enviar arquivos, fotos, vídeos, datos sobre a nosa localización actual ou engadir vídeo en en tempo real á chamada. A operadora ten proxectado permitir, no futuro, que os interlocutores poidan escoitar unha canción ou ver un álbum de fotos ao mesmo tempo.
Despois da conversa, todos os datos compartidos estarán dispoñibles no rexistro. Ademais, nos reclamos non contestados, o emisor pode gravar ou escribir unha mensaxe para que o receptor poida escoitalo ou lelo desde a notificación da chamada perdida.
Call+, na súa versión aplicación, estará accesibles para beta testers con dispositivos con Android 4.0 ou superior nas vindeiras semanas. A versión definitiva chegará os vindeiros meses.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?