Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Dúas iniciativas impulsadas dende Galicia Open Future, no Mobile World Congress
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Dúas iniciativas impulsadas dende Galicia Open Future, no Mobile World Congress

Redacción
Publicado: 03/03/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Os responsables de CreAPPcuentos no Mobile World Congress
Os responsables de CreAPPcuentos no Mobile World Congress
Dende onte e ata o xoves 5 de marzo, Barcelona acolle o Mobile World Congress, ao que acudirán dúas startups viguesas: CreappCuentos e Parkapp, integradas no Galicia Open Future, o centro de emprendemento de Telefónica. Cómpre dicir que as empresas galegas foron seleccionadas para formar parte da caseta que Telefónica Open Future ten no Innovation Market, a área de exhibición do 4 Years From Now (4YFN), evento que se desenvolve de xeito parello ao congreso e que está considerado unha das maiores plataformas de negocio para startups, investidores e empresas internacionais.
E indo ás empresas protagonistas: CreappCuentos, promovida polos emprendedores Avelino Correa e Antonio Escudero, é un editor de contos que permite ao usuario xerar os seus propios contidos para aprender xogando. Dende que se lanzou ao mercado, arredor de hai un ano, 17.000 usuarios descargaron xa a súa aplicación, que se está a empregar tamén como ferramenta educativa en 50 centros de ensino. Pola súa banda, Parkapp, propón unha aplicación para facilitar aos condutores a localización do aparcamento máis próximo coa axuda do seu dispositivo, amais de achegar información sobre prezos e realizar reservas de espazos de aparcamento a través do móbil, incluíndo descontos.
E que supón a participación no 4YFN (que reúne a máis de 2.200 asistentes, 350 startups internacionais e 150 sociedades de investimento de todo o mundo)? Pois isto representa para ambos os emprendedores a oportunidade de chamar a atención de potenciais investidores para continuar coa aceleración e o crecemento do seu proxecto.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?