Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: En marcha Legaltium, plataforma web de consultas xurídicas de balde
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

En marcha Legaltium, plataforma web de consultas xurídicas de balde

Redacción
Publicado: 03/03/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

legaltium.jpgUnha serie de despachos de avogados do ámbito estatal veñen de unir forzas para achegar un novo portal de consultas xurídicas con opción de balde. Trátase de Legaltium, en palabras dos seus responsables “unha web para dar respostas estudadas por profesionais respecto dos trámites xurídicos dos internautas”. Segundo engaden os seus creadores, o portal achega claves e información con posibilidade de solicitalas e recibilas de balde e da maneira “máis rápida e cómoda posible”. Para facer a nosa consulta, teremos que entrar en en Legaltium, escoller a temática do caso que teñamos entre mans e elixir a oficina máis próxima para escribir con detalle a nosa consulta.
O trámite, informan os impulsores do portal, pode facerse desde casa, a oficina ou mesmo desde o teléfono móbil sen necesidade de solicitar unha cita previa, desprazamentos ou esperas. Ademais, o portal ofrece a posibilidade de xuntar arquivos como notificacións oficiais, burofax, etc. para axudar ao profesional no estudo do caso. “Unha vez que se lanza a consulta, o despacho de avogados máis próximo estudaraa e remitiralle ao internauta a viabilidade do caso sen ningún compromiso”, sinálase.
O obxectivo do portal, en última instancia, é contribuír a que os cidadáns superen os atrancos (medo, desconfianza) que lles impiden abrir un trámite legal coas actuais plataformas. “Legaltium”, din os seus creadores, “supera as ditas barreiras cunha rede nacional de avogados que se unen para mellorar a súa función comercial e rendibilizar a mercadotecnia online”.
Isto polo que respecta aos cidadáns. No que atinxe aos propios avogados, a plataforma diríxese a fornecelos dunha “ferramenta con moito potencial respecto doutros medios en liña como páxinas de anuncios, directorios de pago, páxinas de aterraxe, etc”. Doutra banda, engádese, “os despachos conseguen mellorar a súa reputación corporativa co uso dunha marca con funcionamento en exclusiva sen esixir pagos de canons ou licenzas como o puidese facer unha franquía”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?