Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Humanidades da USC achega un foro formativo continuo sobre o potencial das TIC no ensino
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Humanidades da USC achega un foro formativo continuo sobre o potencial das TIC no ensino

Redacción
Publicado: 03/03/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

usc_humanidades_lugo.jpgA Facultade de Humanidades da Universidade de Santiago (Campus de Lugo) vai dar acubillo a unha actividade formativa para estudantes e docentes sobre as implicacións que o tecnolóxico está a ter (e terá) no ámbito docente. O curso, que será continuo, preséntase como un “foro de debate e reflexión sobre o novo paradigma que abre no ensino o mundo dixital”. A actividade desenvolverase de xeito presencial no devandito centro universitario lugués do 11 ao 14 de marzo. Preséntase baixo o epígrafe Enredad@s na rede: orientacións e recursos para a ensinanza das humanidades no mundo dixital, e ten o seu xermolo nunha cuestión ben concreta: o propio interese dos docentes da Facultade por manter activa e en constante desenvolvemento a discusión sobre as posibilidades que abren as TIC no ámbito formativo.
O curso, sinala a USC, presenta unha estrutura dinámica ao longo de preto de 20 horas de formativas repartidas en catro xornadas, do 11 ao 14 de marzo. As tres primeiras sesións programadas levaranse a cabo no salón de graos da Facultade de Humanidades en quenda de tarde, de 18.00 a 21.30 horas. As actividades previstas para a xornada de clausura deste curso trasladaranse á Aula de Informática do centro universitario lugués, que, en quenda de mañá acubillará diferentes relatorios nos que se abordarán as ligazóns entre a cultura dos libros e das redes ou a dispoñibilidade de materiais de apoio dixitais en lingua galega e castelán. Xa pola tarde, o curso rematará cun obradoiro sobre emprego de ferramentas dixitais.
A profesora do Departamento de Lingua Española da USC e coordinadora deste curso de formación continua, Mar Campos Souto, e a vicerreitora de Servizos Universitarios do Campus de Lugo, Carme Silva Domínguez, abrirán o luns 11 a quenda de relatorios cunha aproximación respecto das vantaxes e dos riscos que depara a incorporación das novas tecnoloxías á docencia.
Segundo informa a USC, “a linguaxe dixital e a disposición de recursos e ferramentas para o ensino e a literatura e a lingua, a aplicación das TIC á difusión do patrimonio, o funcionamento electrónico dos arquivos e das bibliotecas non escolares e, entre outros, os dicionarios dixitais, serán algúns dos temas que abordarán os distintos relatores que impartirán esta actividade formativa”.
As persoas interesadas en formalizar a insc rición neste seminario poden facelo a través da páxina web da Facultade de Humanidades da USC, onde atoparán o formulario para cubrir cos seus datos persoais, así como outra información de interese para completar a matrícula.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?