Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O 90% das grandes firmas estatais acubilla datos escuros
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O 90% das grandes firmas estatais acubilla datos escuros

Redacción
Publicado: 03/03/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

As firmas CommVault e IDC realizaron en febreiro unha enquisa sobre xestión da información na gran empresa en España. Entre as conclusións que abrollan do seu traballo conxunto, fan saber que a gran maioría das grandes empresas estatais recoñecen acubillar datos escuros, é dicir, información con poucas ou nulas características de visibilidade e accesibilidade, tanto para os traballadores como por suposto para xente allea. Falamos, segundo se apunta na investigación, do 90% das grandes compañías. Ademais, máis do 40% limita o acceso aos datos desde dispositivos portátiles e o 20% di non dar acceso absoluto en mobilidade aos datos da empresa.
As devanditas conclusións, segundo explican os responsables do estudo, poñen de manifesto unha das grandes contradicións do noso tempo en materia de coñecemento empresarial: malia a importancia dos datos para os negocios (son un activo esencial ben sexa para pechar unha transacción en tempo real, ben para colaborar ou innovar), non sempre é doado acceder aos mesmos, “debido sobre todo á crecente complexidade das contornas empresariais e ao reto engadido das normativas internas das empresas, que moitas veces limitan este acceso, especialmente no caso dos traballadores móbiles”.
Outra das conclusións da enquisa fai referencia á gran heteroxeneidade das contornas empresariais, que organizan os seus datos ao redor de silos departamentais, con múltiples donos dos datos e múltiples ferramentas para os mesmos. Así, máis do 30% das empresas participantes asegura contar con máis de 5 ferramentas para xestionar a súa contorna de datos, e case o 50% di contar con entre 2 e 5 ferramentas.
No caso de empresas multinacionais, engádese, a complexidade multiplícase. Así, “a subsidiaria de cada país pode ter diferentes ferramentas, en particular cando se trata dunha empresa adquirida, os colaboradores externos teñen as súas propias ferramentas e cada país pode favorecer o uso de determinadas ferramentas, ou limitar o uso doutras por razóns de uso, herdanza tecnolóxica, ou mesmo políticas”, explícase. Por certo que arredor do 65% das empresas enquisadas recoñece tardar entre 1 e 3 días en obter resposta ante unha solicitude de información.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?