Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Fundación Vodafone dá a coñecer as súas aulas dixitais portátiles para campos de refuxiados
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Fundación Vodafone dá a coñecer as súas aulas dixitais portátiles para campos de refuxiados

Redacción
Publicado: 04/03/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

instant-classroom-vodafone-01.jpgAs empresas TIC están que non paran no Mobile World Congress, amosando novos servizos e, tamén, achegas de carácter marcadamente social, solidario e humanitario. Sen ir máis lonxe, a Fundación Vodafone deu a coñecer na feira de Barcelona a súa iniciativa Instant Classroom, unha proposta para dar forma a escolas dixitais e que, segunda apunta a compañía de telecomunicacións, poden instalarse moi axiña e fornecer aos nenos e adolescentes do mundo “unha oportunidade para prolongar os seus estudos nos campos de refuxiados”.
Instant Classroom, engade a empresa, foi deseñada para operar en zonas onde a electricidade e a conexión a Internet son escasas ou inexistentes e será despregada en colaboración coas Unidades de Innovación e Educación de ACNUR (Alto Comisionado das Nacións Unidas para os refuxiados).
A aula dixital, para facernos unha idea da súa flexibilidade e lixeireza, pode carretarse nunha caixa de algo máis de cincuenta quilos e vén equipada cun portátil, 25 tabletas con software formativo xa instalado, un proxector, un altofalante e un módem que proporciona conexión 3G. “As tabletas”, explica Vodafone, “conéctanse de maneira local ao portátil, permitindo aos profesores distribuír contidos e aplicacións aos alumnos sen necesidade de acceder a Internet”.
Asemade, a empresa sinala que todos os compoñentes de Instant Classroom poden cargarse de forma simultánea desde unha única fonte de electricidade mentres a caixa está pechada. “Tras 6 ou 8 horas de carga, Instant Classroom emprégase durante un día enteiro nunha aula sen acceso a electricidade”, explica.
Sobre a súa aplicación práctica, Instant Classroom chegará en breve a unha ducia de complexos de persoas desprazadas de Kakuma (Kenia), en Nyarungusu (Tanzania) e na República Democrática do Congo. “Até 15.000 nenos e mozos de entre 7 e 20 anos poderán acceder a métodos de ensino só dispoñibles arestora nalgunhas escolas dos países máis desenvolvidos”, explica a fundación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?