Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Estudos galegos de videoxogos amosan a súa experiencia este xoves nunha xornada do CCG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Estudos galegos de videoxogos amosan a súa experiencia este xoves nunha xornada do CCG

Redacción
Publicado: 04/03/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ccg_xogar_coa_cultura-2.jpgEste xoves 5 de marzo temos unha cita en Santiago co xogo, entendido non só no seu senso máis tradicional senón tamén como piar do que se coñece como sociedade dixital. Falamos da celebración da xornada Xogar coa cultura, que terá lugar no Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi, Praza do Obradoiro- Compostela) e que está coordinado pola profesora da Universidade da Coruña, Carmen Costa. A cita quere pór de manifesto a potencialidade dos xogos para a educación, a divulgación ou o desenvolvemento persoal e cultural.
E indo ao programa da xornada, esta collerá corpo arredor das 10.00 horas cun relatorio do profesor da Universidade Pompeu Fabra, Manuel Garin, que afondará no “concepto de xogo na cultura occidental” para logo introducirse en diversos exemplos vinculados ás industrias culturais.
Despois de describir ese marco xeral, o programa estruturase en tres bloques. Arrancará arredor das 11.30 horas (logo dun descanso de media hora) coa mesa Para aprender xogando, que incide na relación positiva que existe entre xogos e aprendizaxe, isto é: o valor do xogo como estratexia de coñecemento. Nela estarán: Eva Balsa, do CSIC, para falar do proxecto Kaleidolabs; Irene Lapuente, de La Mandarina de Newton e Paco Veiga, da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional.
Xa na sesión da tarde terá lugar o módulo Xogar cos públicos, que pretende incidir nas relacións públicas lúdicas, desde o punto de vista da boa xestión corporativa. Para iso estarán presentes: a delegada de Inforpres en Galicia, Luísa Rodríguez e o director de Estratexia e creatividade en Best Relations, Diego Rivera.



Pechará a xornada unha mesa que fará un repaso
polos videoxogos que se están a facer en Galicia neste intre. A ela
acudirán: Silvia López, de Imaxin Software; Xosé Manuel Rey
Piñeiro, de Iberian Games; Sergio Prieto, de Gato Salvaxe e Ignacio
Lago, de glue.gl.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?