Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vodafone presenta unha oferta de servizos para cidades intelixentes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vodafone presenta unha oferta de servizos para cidades intelixentes

Redacción
Publicado: 04/03/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Vodafone España vén de facer pública unha iniciativa para achegar aos seus clientes servizos máis intelixentes que fortalezan e alenten a consolidación das Smart Cities. Ou dito doutra maneira: unha iniciativa para favorecer que habitantes das cidades, empresas e profesionais teñan a posibilidade real de implicarse eles mesmos na construción de urbes máis eficientes, mellor xestionadas e máis habitables. A nova proposta da operadora chámase Vodafone Cidade Conectada e brinda a opción de desenvolvermos solucións para administracións públicas ou empresas privadas. Por certo que a firma responsable de achegar a infraestrutura tecnolóxica de hardware, software e servizos precisa para a posta en marcha da iniciativa será a multinacional IBM.
A iniciativa, engade Vodafone, diríxese a impulsar a eficiencia das cidades españolas en diferentes ámbitos: mobilidade, deseño de edificios, seguridade e emerxencias, enerxía, auga, saúde -analítica de datos médicos ou control e seguimento de doentes crónicos-, educación, turismo e comercio intelixente, entre outros eidos. A nova liña de negocio terá o seu centro de operacións no novo Centro de Control e Desenvolvemento Smart que se porá en marcha nas vindeiras semanas en Sevilla, no marco do convenio asinado en setembro de 2014 por Vodafone España e a Xunta de Andalucía, en virtude do cal a operadora investirá máis de 243 millóns de euros nos próximos dous anos para despregar infraestruturas de telecomunicacións, impulsar a creación de tecido empresarial tecnolóxico e desenvolver proxectos que logren superar atrancos culturais e educativos.
Segundo apunta a operadora, grazas á capacidade de adaptación das solucións (flexibilidade e potencial para replicárense) e ao ecosistema xerado polo dito centro, “permitirase o acceso a solucións de Cidades Intelixentes avanzadas a todo tipo de concellos do territorio estatal, tanto grandes cidades como aquelas de tamaño medio que non poden realizar os grandes investimentos decote esixidos por este tipo de proxectos”. Dito doutra maneira: a liña de negocio presentada permitirá que calquera administración local, con independencia do seu tamaño, poida acceder a tecnoloxías Smart de xeito inmediato e sen grandes esforzos. Ademais, a idea é contribuír a que os cidadáns conten con mellores servizos públicos en eidos como a educación ou a sanidade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?