Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo convoca a vangarda da Internet na xornada #lugoinnova
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo convoca a vangarda da Internet na xornada #lugoinnova

Redacción
Publicado: 05/03/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

depu_lugo.jpgO vindeiro martes 10 de marzo a Deputación de Lugo organiza unha xornada sobre innovación dixital na provincia de Lugo, #lugoinnova. O evento contará coa presenza de “recoñecidas figuras” do ámbito TIC, “impulsores de innovadores e modélicos proxectos en diferentes ámbitos”, en palabras do organismo provincial. A cita insírese en InnovaTE2: Deputación Dixital, iniciativa cofinanciada nun 80% por fondos FEDER. Desenvolverase no salón de actos do Pazo de San Marcos e a asistencia será de balde, malia que limitada polo aforo do recinto, polo que será necesario reservar praza en www.deputacionlugo.gal.
Un dos temas da xornada será a relación entre a innovación e o medre económico e social dun país, proceso que segundo apunta a Deputación “acelérase de xeito considerable coa aparición do compoñente dixital, polo que son moitas as persoas, empresas e organizacións que non dubidan en incorporarse e apostar pola tecnoloxía e a rede nos seus modelos de crecemento”.
Entre os participantes estarán José Antonio Rodríguez Salgas, @JoseAntonioJun, alcalde do Concello granadino de Jun, pioneiro en España no uso das redes sociais na participación cidadá (trátase do alcalde co maior número de seareiros en Twitter, indo alén dos 300.000 seguidores).
Tamén participarán Javier Ikaz e Jorge Díaz, creadores do blog Yo fui a EGB, unha homenaxe á infancia dos anos 80, que conta con máis dun millón de seguidores habituais na rede, e autores do libro inspirado na bitácora dixital que logrou situarse entre os tres máis vendidos do país. A cita completarase coa intervención de Alfonso Alcántara, @yoriento, recoñecido especialista en motivación e emprego 2.0.
A xornada desenvolverase entre as 10:30 e as 20:00 horas, e arrincará coa inauguración a cargo do presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, @jrgomezbesteiro, quen dará paso a José Antonio Rodríguez Salas, @JoseAntonioJun, que falará acerca do Papel de Twitter na política e a administración pública. O caso Jun.
Ás 12:30 horas intervirán Javier Ikaz e Jorge Díaz, @YoFuiaEGB, co relatorio Nostalxia dixital, no que afondará nas razóns do éxito do seu blog e o libro do mesmo nome e, xa pola tarde, a partires das 17:00 horas, Alfonso Alcántara, @Yoriento, impartirá o obradoiro #SuperProfesional: Reinvéntate en 120 minutos, no que explicará os mellores consellos e os segredos do emprego 2.0, a marca persoal e o emprendemento para atopar e crear oportunidades persoais e laborais, e que o autor analiza no seu libro #SuperProfesional: 6 superpoderes para aprovechar tu talento y alcanzar tus objetivos.
A xornada #lugoinnova é totalmente de balde, malia que limitada polo aforo do salón de actos do Pazo de San Marcos, polo que para asistir será necesario reservar praza, o que se pode facer dende hoxe mesmo, a través de www.deputacionlugo.gal. Todos os asistentes recibirán un diploma acreditativo da súa asistencia á xornada. As persoas que non poidan acceder ese día poderán seguir íntegro o evento a través de streaming, grazas ao traballo da Fundación TIC, e nas redes sociais de Deputación. Máis información e novidades en blog.deputaciondelugo.gal e nas contas da Deputación en redes sociais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?