A Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (CESGA), adicada á investigación e aplicación de computación e comunicacións de altas prestacións e outros recursos das tecnoloxías da información, vén de unir forzas co Clúster Audiovisual Galego (CLAG) co propósito de establecer unha ligazón que promova a innovación no eido audiovisual galego e colaborar no desenvolvemento de proxectos innovadores que redunden no beneficio das súas empresas.
Deste xeito, o CESGA intégrase tamén na xunta directiva do clúster como vogal de I+D+i, xunto á Televisión de Galicia, representada por Esther Medina.
A incorporación do CESGA ao Clúster Audiovisual Galego reforza o decidido labor que está a levar a cabo o clúster para o impulso e o desenvolvemento do noso audiovisual mediante o fomento da innovación. Asemade, permitiralles a ambas entidades acometer proxectos de I+D+i de maneira conxunta incrementando a competitividade deste sector.
O Clúster Audiovisual Galego conta dende agora co apoio do CESGA
Compartir Este Artigo
