Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AMTEGA aproba o Plan de Acción 2015
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AMTEGA aproba o Plan de Acción 2015

Redacción
Publicado: 06/03/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20150306_plan_accion_03.jpgA axencia AMTEGA anunciou este venres a aprobación do seu Plan de Acción 2015, un plan que determina un total de 41 programas operativos, dotados con 86 millóns de euros e encamiñados, segundo informa o departamento que dirixe Mar Pereira, “a consolidar unha administración intelixente e eficiente, avanzar cara unha cidadanía dixital, integrar as TIC nos sectores económicos chave de Galicia, impulsar o sector TIC e estender redes ultrarrápidas na Comunidade”.
O plan, que foi aprobado no Consello Reitor da Axencia, abeira o impulso definitivo da nova Axenda Dixital de Galicia, a estratexia tecnolóxica da Comunidade para o horizonte 2020. Mar Pereira, na celebración do consello, salientou que as medidas desenvolvidas no marco da primeira Axenda Dixital, 2014.gal, permitirán a Galicia afrontar o retos marcados por Europa para os vindeiros cinco anos.
20150306_plan_accion_02_detalle.jpgAsemade e nun plano máis concreto, engadiu que en 2015 aprobarase o segundo Plan de Administración e Goberno electrónico (que permitirá “afianzar os avances acadados nos últimos catro anos no eido da eAdministación e afrontar novos retos”, dixo), entrará en funcionamento o Arquivo Dixital Integrado da Xunta, incrementaranse ata a cifra de 900 os trámites en liña dispoñibles na sede electrónica da Xunta, ampliaranse os servizos do nodo de interoperabilidade, acadarase a cifra de 15.000 empregados públicos con sinatura dixital, e porase en marcha o sistema Chave 366, “que permitirá a tramitación online a través de contrasinais seguros e sen necesidade de certificados dixitais”, explicou a directora de AMTEGA, que tamén lembrou que se vai aprobar, no ámbito da xustiza, o novo Plan Senda 2020, amais de activarse a sede electrónica xudicial.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?