Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ganga achega a posibilidade de adquirir smartphones libres por 19,90 € este luns ás 11 en Santiago
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ganga achega a posibilidade de adquirir smartphones libres por 19,90 € este luns ás 11 en Santiago

Redacción
Publicado: 06/03/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ganga_capturas-2.jpgEste luns 9 de marzo ás 11.00 da mañá os responsables da aplicación Ganga levarán a cabo unha actividade para achegar un extra de boa saúde ao comercio TIC de Compostela, e de paso beneficiando aos clientes/usuarios. Ganga, como lembraremos, é unha ferramenta dirixida a levar as mellores ofertas aos móbiles dos usuarios en función do seu emprazamento e dos seus gustos e tendencias. Co gallo da posta en marcha da ferramenta, un dos obxectivos da mesma era o de fomentar e impulsar o comercio local. Disto trata a quedada do luns: de acceder a oportunidades únicas dos establecementos composteláns por medio de Ganga.
Así, quen teña descargada a aplicación móbil (que é de balde) poderá ter acceso a artigos que doutro xeito non vería, ou a un prezo diferente. A cita deste luns ás 11.00 horas será na rúa Ramón Cabanillas e o reclamo, teléfonos intelixentes libres a 19,90 euros. Dito doutra maneira: quen teña no seu dispositivo a devandita aplicación poderá saber cal é o establecemento que venderá os devanditos trebellos libres coas seguintes características: tarxeta dual SIM, sistema Android 4.4 e cámara de 8 megapíxeles. A actividade desenvolverase entre as 11 e as 12 do mediodía e rematará cando se rematen as existencias. Dende Ganga Commerce aseguran que “esta é unha só das múltiples gangas que poderán atopar nesta nova aplicación que pretende revolucionar a maneira na que o comercio local se relaciona cos seus clientes”.
Ganga, como lembraremos, é unha plataforma de comercio electrónico baseada no concepto 3.0, onde comerciantes (oferentes) e consumidores (clientes) xeran e reciben a información no seu propio móbil intelixente ou tableta cunha aplicación. Un dos seus principais puntos fortes é a súa capacidade para estar en todas partes e quebrar límites espaciais. Así, sinalan, “está presente sempre no dispositivo que nos acompaña onde queira que vaiamos”. Ganga, a maiores, permite o control absoluto e constante das ofertas, servizos, produtos e choios parte do comerciante, así como a súa canle de comunicación co cliente final.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?