Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Gradiant adheriuse á organización referencial en materia de biometría
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
NOVAS

Gradiant adheriuse á organización referencial en materia de biometría

Redacción
Publicado: 06/03/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Biometrics_by_Gradiant_v5.jpgGradiant vén de adherirse a unha das organizacións de investigación referenciais en materia de biometría, ou sexa en materia de avances en seguridade e protección baseados no recoñecemento das características físicas e intransferibles das persoas, como por exemplo a pegada dixital ou os iris dos ollos. O centro ao que xuntou forzas Gradiant non é outro que o Biometrics Institute. Coa incorporación do centro galego, o Biometrics Institute pasaría a contar con máis de 175 organizacións, entre as que se inclúen grandes multinacionais do ámbito bancario ou do transporte (empresas moi interesadas en avanzar en materia de eficacia e axilidade na seguridade), como por exemplo Barclays Bank, British Airways, Santander, Fujitsu, Mastercard, Wells Fargo Bank, FBI, etc.
Segundo apuntou David Cortizo, director xeral de Gradiant, a devandita incorporación constitúe unha moi boa nova para o centro galego, xa que o apoio do Biometrics Institute “reforza a posición de Gradiant no devandito eido de investigación”. Tamén lembrou que a misión do dito organismo internacional é promover o uso responsable da biometría como foro internacional independente e imparcial para usuarios. Segundo engade Gradiant, o instituto foi fundado en xullo de 2001, en resposta a unha necesidade da industria como foro imparcial para o intercambio de coñecementos e información sobre a biometría. Conta con oficinas en Londres e Sydney, e dispón dunha rede mundial sobre biometría.
Sobre as razóns de que Gradiant se tivera engadido á organización inclúense as seguintes: por unha banda, co obxectivo de facer networking e compartir experiencias con gobernos, provedores e usuarios de tecnoloxías biométricas, nun foro imparcial de máis de 170 organizacións; pola outra para elevar aínda máis o perfil de Gradiant na industria, así como para promover esta industria en xeral. Tamén se pretende tirar partido desta alianza para contar cun único punto de contacto para a biometría e conectar directamente con máis expertos na industria.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?