Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Liberado o código do software DESOURB, destinado a optimizar a xestión territorial sostible
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Liberado o código do software DESOURB, destinado a optimizar a xestión territorial sostible

Redacción
Publicado: 06/03/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

desourb.jpgA AMTEGA e o IET (Instituto de Estudos do Territorio) veñen de liberar o código do proxecto DESOURB (Desenvolvemento Sostible Urbano), unha ferramenta informática que ten como obxectivo permitir a xestión sustentable dun territorio, amais de tarefas de análise, diagnóstico e seguimento, todo baixo o mesmo nexo común da sostibilidade. En virtude da dita liberación, o software fica accesible para a comunidade internauta no Repositorio de Software Libre da Xunta, onde se pode atopar o código fonte completo da aplicación e súa documentación. A idea é contribuír ás segundas e terceiras vidas da ferramenta, e tamén ao seu enriquecemento con novas achegas e experiencias de adaptación a contornas variadas.
Segundo fan saber AMTEGA e o IET, ter ceibado o código de DESOURB “supón a posta a disposición dos cidadáns dunha plataforma moi potente para a xestión do territorio, que pode ser empregada polos concellos, mancomunidades ou calquera administración ou entidade de xeito gratuíto”.
Como dixemos, o proxecto DESOURB foi posto en marcha coa finalidade de definir un modelo innovador de planificación e xestión territorial baseado en indicadores. A iniciativa, desenvolvida polo Instituto de Estudos do Territorio da Xunta de Galicia, xunto co Eixo Atlántico do Noroeste peninsular a través de Eixoecologia (Axencia de Ecoloxía Urbana do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular), está financiada con fondos europeos do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP). Ao abeiro do proxecto deuse forma á devandita ferramenta, presentada como unha plataforma informática en web. Entre outras cousas, posibilita a captura e achega de datos en soporte alfanumérico ou xeográfico, a creación de diagnósticos ou o seguimento das actividades. Tamén permite o cálculo automático de indicadores, “dende os que comprenden cálculos máis sinxelos, como os máis complexos que requiren operacións con datos xeográficos”, sinala AMTEGA.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?