Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O XV Foro Tecnolóxico do Emprego pecha con record de participación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O XV Foro Tecnolóxico do Emprego pecha con record de participación

Redacción
Publicado: 06/03/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20150306_foro_emprego_02.jpgTras 5 días de actividade pechouse a XV edición do Foro Tecnolóxico do Emprego celebrado na ETS de Enxeñaría de Minas da Universidade de Vigo, encontro que busca consolidarse como un dos principais foros de emprego do ámbito tecnolóxico, que nesta edición bateu marcas de participación, tanto en volume de empresas como de alumnos asistentes.
“A valoración desta edición é excelente”, subliñou Darío Castro, estudante de Enxeñaría Industrial que este ano se encargou da coordinación xeral e que puxo así en boca da organización o que era un sentir xeral nunha clausura que estivo presidida polo reitor Salustiano Mato e á que tamén asistiron os directores das escolas de Enxeñaría de Telecomunicación e Minas, Íñigo Cuíñas e Benito Vázquez, e o subdirector de Alumnado da Escola de Enxeñería Industrial, Fernando Cerdeira.
20150306_foro_emprego_01.jpg“Esta é unha desas actividades que mellor representa iso que demos en chamar Actitude UVigo, unha universidade que está en constante relación co resto da sociedade e se achega ao mundo real”, subliñou o reitor, que aproveitou a súa presenza alí para garantir o apoio universitario a unha iniciativa “da que presumimos aló por onde imos e coa que estamos seguros se está a contribuír de maneira eficaz á creación de emprego”.
“A actividade nos postos das empresas foi constante ao longo de toda a semana e os relatorios tiveron tamén moi boa acollida”, subliñou Castro, que explicou que as exposicións dos traballos da escudaría UVigo Motorsport e Lupeon 3D, firma creada por un grupo de ex alumnos da Universidade a principios de 2013 e dedicada á imprensión 3D, “espertaron moita curiosidade e gustaron moito”, polo que a idea é “seguir ampliando esta sección en vindeiras edicións”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?