Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: GPUL retoma os seus XovesLibres amosando as vantaxes dos programas de asesoramento para a creación de software libre
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

GPUL retoma os seus XovesLibres amosando as vantaxes dos programas de asesoramento para a creación de software libre

Redacción
Publicado: 09/03/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

gpul_xoves_libres-2.jpgO Grupo de Programadores e Usuarios de Linux retoma a súa actividade formativa e divulgativa arredor do código aberto e as súas utilidades. E faino a través dunha nova edición dos seus Xoves Libres, de novo recuncando na súa sede de operacións como espazo formativo: a Facultade de Informática da Coruña. Sen ir máis lonxe, este xoves 12, a partir das 17.00 horas, GPUL organiza no laboratorio 0.1w da facultade unha charla dirixida a animar aos seareiros das ferramentas abertas en programas de asesoramento no deseño e creación de software libre. Programas coma o Google Summer of Code, o Outreachy (antigo Outreach Program for Women) ou o Google Code-In.
Segundo engaden dende GPUL, falarán na actividade, amosando a súa experiencia, as persoas que tiveron oportunidade de participar nas anteriores edicións dos devanditos programas, dando consellos sobre metodoloxías para tirarlles o máximo partido.
Como lembraremos, Google Summer Code é un evento internacional do buscador do mesmo nome no que participan desenvolvedores de todo o mundo enviando os seus proxectos libres para seren avaliados e, en caso de ser elixidos por un xurado de diversas organizacións, obteren asesoramento para completar as iniciativas e remuneración para os estudantes que se ofrezan a completalas.
Pola súa banda, Outreachy é un programa que rompe unha boa cantidade de estereotipos sociais e tecnolóxicos existentes (diríxese en boa medida a mulleres que axudan a mulleres), que baixo unha óptica feminista e libre de prexuízos aposta pola implicación en software de código aberto. Inclúe comunidade de apoio para comezarmos a contribuír coas nosas achegas tecnoloxías en calquera intre do ano.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?