Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPEIG xa prepara a sétima edición da Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPEIG xa prepara a sétima edición da Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia

Redacción
Publicado: 09/03/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

cpeig_noite.jpgA nova edición da festa das nosos profesionais das Tecnoloxías da Información (TI) xa comeza a facer ruído. De feito, o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) xa nos confirmou que está a deseñar a sétima convocatoria da súa gala anual, a Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, un evento onde se visualizan ao detalle as contribucións das e dos profesionais da informática para o desenvolvemento económico da nosa terra ao tempo que se entregan os galardóns que salientan o labor de diferentes iniciativas e traxectorias profesionais e académicas. A data prevista para a celebración da Noite é o 26 de xuño; o lugar, o Hotel-Monumento San Francisco, en Santiago de Compostela.
O evento será conducido polo monologuista Dani Delacámara e contará, en palabras do CPEIG, “con interesantes novidades e sorpresas para os colexiados e convidados”. Como aconteceu en edicións anteriores, representantes do empresariado TIC, responsables políticos e das diferentes administracións acompañarán as persoas colexiadas na cea de gala.
Asemade, o colexio que preside Fernando Suárez confirma que aínda que segue aberta a porta para novos mecenas, as empresas e institucións patrocinadoras de edicións anteriores manifestaron xa a idea de repetir o seu apoio á Noite, “subliñando así o seu compromiso co colectivo que representa o CPEIG”.
Dentro da Noite, recoñecerase o traballo de distintas persoas, institucións e empresas a prol da Enxeñaría en Informática. As categorías dos galardóns que entregará o CPEIG son: Premio Traxectoria Profesional, Premio Iniciativa Emprendedora, Premio Proxecto Fin de Carreira, Premio Iniciativa da Administración, Premio Iniciativa Empresarial, Premio Ada Byron e Premio Iniciativa e-Inclusión.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?