Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os emprendedores de Galicia Open Future poñen a proba a súa capacidade de convencer a investidores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os emprendedores de Galicia Open Future poñen a proba a súa capacidade de convencer a investidores

Redacción
Publicado: 09/03/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

galicia_open_future_crowdworking.jpgGalicia Open Future, centro de empredemento TIC de Telefónica en Santiago, organiza este luns pola tarde unha rolda de contactos entre os responsables das iniciativas aceleradas no centro e unha serie de investidores potenciais. O encontro, tamén organizado polo Círculo de Empresarios de Galicia (a través da súa rede de investidores privados, Redinvest), comezará arredor das 16.00 horas na sede que a aceleradora ten na Cidade da Cultura. A xornada, sinalan os responsables de Galicia Open Future, vai dirixida a “amosar aos emprendedores integrados os mecanismos para superar con éxito unha rolda de investimento”.
O encontro contará coa presenza “dun nutrido grupo de business angels de toda Galicia”, explican os responsables da convocatoria, que tamén lembran que no devandito grupo atoparanse profesionais como Daniel Fernández Alvariño, que abrirá a sesión coa charla É momento de investir en Startups, centrada en despexar as dúbidas sobre a conveniencia de investir en compañías tecnolóxicas emerxentes na actual conxuntura económica.
Tralo relatorio de apertura, catro das startups que arestora están a coller pulo en Galicia Open Future (Ephytech, Appentra, Situm e Stukers) debullarán os seus proxectos ante os investidores, “simulando así unha rolda de financiamento real que lles permitirá experimentar a que se van a enfrontar unha vez superen a fase de maduración”, explican dende Telefónica.
A sesión rematará cunha mesa redonda, que estará moderada por Lalo García, coordinador de Redinvest e cofundador de LanceTalent, e na que José Luís Gainzarain, tamén coordinador de Redinvest e socio de Gainza Invest; Daniel Fernández Alvariño; e Frankie Gómez, fundador do Lacon Network e socio fundador de Confirmsign.com, debaterán sobre Como abordar unha rolda de financiamento?.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?