Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A galega Conexiona crea unha aplicación que permite a xestión integral das estacións de servizo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A galega Conexiona crea unha aplicación que permite a xestión integral das estacións de servizo

Redacción
Publicado: 10/03/2015
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

conexiona_ipetrol.jpgToca falar de cousas que facemos dende aquí e que marcan un antes e un despois en materia tecnolóxica. Ou sexa, toca falar de innovación galega. Segundo nos contan dende o Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole), a empresa Conexiona (con sede no dito complexo industrial) vén de lanzar ao mercado o que sería o primeiro software de xestión integral remota para estacións de servizo (transporte). A tecnoloxía desenvolvida por Conexiona chámase iPetrol, e será dada a coñecer de maneira oficial ao longo destes días en Motortec, o salón de Madrid centrado na industria da automoción e nos seus avances cara ao sustentable, o eficaz e o seguro.
Lembrar que iPetrol, malia presentarse coma unha novidade na feira, xa ten unha experiencia detrás. De feito, a aplicación está implantada en medio cento de gasolineiras de toda España. Arestora prepara o seu espallamento alén do Estado.
O software en cuestión foi desenvolvido integramente na sede de Conexiona na Tecnópole. Segundo informan fontes do parque, en virtude dun acordo de distribución coa multinacional Lafón España, iPetrol ten unha previsión de vendas anuais de entre 150 e 200 implantacións. Neste intre, existe unha gasolineira en Outeiro de Rei (Lugo) que se está a xestionar a través de iPetrol, ás que se suman outras en Estremadura, Madrid e Cataluña.
Segundo lembran os responsables do seu desenvolvemento, a aplicación é a primeira que permite unha xestión integral. E explican: “Existen outras solucións de xestión pero todas son parciais, para determinadas utilidades, a nosa é a primeira que permite o control e o seguimento de absolutamente todos os procesos da estación de servizo”. Son palabras de José Antonio Losas, director de Tecnoloxías da Información da empresa.
O sistema iPetrol pode manexarse a través dunha plataforma web ou dunha aplicación móbil adaptada a todos os sistemas operativos (Android e iOS). Ademais, é integrable con calquera sistema de xestión estándar implantado nas gasolineiras. As súas utilidades permiten o control remoto dos prezos nos monolitos, das luces, das portas, da alarma e das cámaras de seguridade. Ademais, envía notificacións inmediatas sobre saltos de alarma, vandalismo, incendios ou fallos en equipos e compoñentes.
“A isto”, engaden dende Conexiona, “cómpre sumar a posibilidade de facer un seguimento constante dos niveis de combustible e de parámetros de análise como os prezos da competencia, a evolución das vendas e gráficas para identificar os carburantes e os subministradores máis rendibles”. Asemade, informan, “integra un sistema de comunicación cos clientes no caso de que a estación de servizo funcione sen persoal, a través dun interfono que opera mediante telefonía por Internet”.
En definitiva, permítesenos xestionar en tempo real unha soa estación ou ben unha rede completa de estacións.
A tecnoloxía iPetrol será presentada na feira Motortec Automechanika Madrid, onde terá activada unha demostración desde mañá mércores e ata o vindeiro sábado. O obxectivo de participar neste evento é “incrementar a visibilidade do produto a nivel internacional”, xa que se trata da feira profesional líder para a industria do motor España e é visitada por expertos da Península Ibérica, América Latina e Norte de África.
Por outra banda, lembrar que Conexiona non é unha firma principiante no ámbito de desenvolver recursos que permiten realizar todo tipo de tarefas de xeito remoto. En Código Cero temos falado (por exemplo) do seu paquete integral de solucións para teletraballo baseado nunha plataforma de software libre, o paquete Telwork, creado pola empresa galega logo de ter constatado que non existía ningunha solución que integrase todos os servizos necesarios “para trasladar o posto de traballo á casa nun só paquete”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?