Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A nova edición dos Premios EmprendedorXXI mobiliza 400.000 euros en galardóns
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A nova edición dos Premios EmprendedorXXI mobiliza 400.000 euros en galardóns

Redacción
Publicado: 11/03/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

EXXI_Galicia.jpgLa Caixa e o e ENISA veñen de convocar a nova edición (a novena) dos Premios EmprendedorXXI, que están dotados con máis de 400.000 euros e que, como novidade, incorporan este ano unha categoría para salientar o labor de startups innovadoras dentro do eido agroalimentario. Ademais, con esta nova convocatoria, reforzaranse para os gañadores as canles de formación e de traballo nos principais centros de operacións TIC do mundo, como Silicon Valley, Tel Aviv ou Cambridge. Unha vez máis, haberá edición galega dos premios, que virá da man de La Caixa e do IGAPE. Como lembraremos, o ano pasado impúxose no certame unha máis que prometedora firma galega, Torus.
Os galardóns, coma nas entregas previas, terán o obxectivo de identificar, recoñecer e acompañar ás empresas innovadoras de recente creación con maior potencial de medre no ámbito estatal.
Os emprendedores que desexen presentar as súas iniciativas teñen de prazo ata o 10 de abril para enviar a súa candidatura, exclusivamente de forma online, na páxina web dos galardóns.
Na presentación dos premios, celebrada onte, fíxose saber que ao longo do oito edicións celebradas a iniciativa recibiu máis de 3.900 candidaturas e premiou a máis de 195 empresas. Respecto da edición anterior, participaron 24 empresas, resultando gañadora a galega Torus (primeiro do recoñecemento galego e logo do estatal), empresa que desenvolve e comercializa un novo protocolo de comunicacións, alternativo ao IP actual, que posibilita acelerar aplicacións avanzadas baseadas en alta frecuencia ou en envío de datos masivos.
Por modalidades, a categoría Emprendes premiará candidatos “cun plan de negocio convincente, que xa demostrasen o seu compromiso e capacidade ao conseguir fitos relevantes nas primeiras etapas da súa empresa”, fíxose saber na presentación. Conta con dúas fases: autonómica e estatal. Os gañadores autonómicos dánse a coñecer entre os meses de maio e xuño. As empresas seleccionadas na fase autonómica compiten polo galardón estatal, que se dará a coñecer en outubro, na gala final dos Premios EmprendedorXXI.
A categoría Creces é a modalidade para empresas con traxectoria menor aos 7 anos (10 anos para empresas do ámbito das Ciencias da Vida). O premio establece unha única fase, de ámbito estatal pero con especialización sectorial, con catro grandes ámbitos: Ciencias da Vida, TIME (Telecommunications, Internet, Media and Entertainment), Industrial e Sustentabilidade e Agroalimentario.
O gañadores de Emprendes obterán premios en metálico: 5.000 euros para cada un dos premiados na categoría autonómica e 20.000 euros para quen sexa elixido como a empresa de recente creación máis innovadora de toda España na fase estatal de outubro.
No caso de Creces, de todas as candidaturas recibidas, farase unha escolma de 32 finalistas, quen obterán a posibilidade de asistir ao curso intensivo sobre desenvolvemento empresarial Executive Growth Program, impartido por ESADE e IESE. De entre estas 32 candidaturas, 12 serán finalistas e gozarán dunha bolsa dun ano no programa de acompañamento para startups, deseñado por Caixa Capital Risc. Así mesmo, optarán aos premios económicos de maior dotación, con 50.000 euros para os gañadores en cada un do catro ámbitos sectoriais. As empresas de Creces só compiten en fase estatal. Todos os finalistas das categorías poden optar ao accésit outorgado pola Fundació La Caixa para premiar á empresa con maior impacto social, dotado con 25.000 euros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?