Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación presenta un portal para o tecido asociativo da provincia: AsociaLugo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación presenta un portal para o tecido asociativo da provincia: AsociaLugo

Redacción
Publicado: 12/03/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

depu_lugo_portal_asocialugo.jpgAs asociacións da provincia de Lugo teñen ao seu alcance, dende xa, un acubillo en liña no que xuntar forzas, recadar información, expoñer actividades e poñerse en contacto coa cidadanía e con posibles novos integrantes de cada unha delas. Falamos do portal web AsociaLugo, que vén de pór en marcha a Deputación e que foi presentado onte pola vicepresidenta segunda Lara Méndez, nun acto que contou coa presenza dun cento de asociacións de todos os recantos da provincia. Segundo fixo saber a vicepresidenta na xuntanza celebrada no Pazo de San Marcos, estamos ante un recurso útil, de balde e con grandes vantaxes prácticas para o tecido asociativo.
De feito, sinalou, “será un punto de encontro para que as asociacións se dean a coñecer, establezan contacto entre elas e saquen proveito das súas experiencias”. Esta iniciativa está cofinanciada ao 80% por fondos europeos FEDER, a través do programa InnovaTE-2: Deputación Dixital. Lara Méndez tamén lembrou no acto de presentación que un dos indicativos máis claros de que era preciso un recurso en liña coma esta foi o acontecido recentemente cos orzamentos participativos da Deputación, “unha máis que positiva experiencia”. Segundo explicou, moitos dos máis de 55.000 lucenses que botaron unha man nos orzamentos fixérono representando a máis de 300 asociacións, “o que deixou patente o que xa se sabía, e é que Lugo conta cun tecido asociativo moi implicado co desenvolvemento da provincia”.
Méndez, que estivo acompañada no acto polo director de Fondos Europeos da Deputación, Pablo Rivera, engadiu que o portal está integramente ao servizo dos colectivos, que poderán servirse da web como taboleiro de actividades e, tamén, como método para coñecer a actividade das demais organizacións. Tamén será posible o intercambio de datos, a obtención de información puntal sobre calquera convocatoria de axudas ou subvencións (e sen que sexa preciso perder tempo e esforzos en visitar e revistar boletíns).
Segundo informa a Deputación, trala presentación do portal, pola tarde, desenvolveuse o primeiro dos tres obradoiros prácticos programados para (entre outras cousas máis xenéricas e ligadas ao uso das ferramentas e comunidades 2.0) dar conta do funcionamento, do manexo e do alcance da web AsociaLugo, obradoiros que estarán a cargo de profesionais “de ampla experiencia no ámbito dixital”, que solucionarán as dúbidas dos participantes e ampliarán os seus coñecementos acerca dos beneficios de estaren as asociacións nas redes sociais. Estes obradoiros, de balde e de asistencia libre, desenvolveranse estes días no salón de actos do Pazo de San Marcos, entre as 17:00 e as 20:00 horas. Os asistentes recibirán, ademais, diplomas acreditativos.
No celebrado este mércores, informa a Deputación, “os asistentes puideron aprender acerca da web social ou da importancia dunha boa estratexia de comunicación en liña para as asociacións”. O seguinte dos obradoiros centrarase na análise das distintas redes sociais (Twitter, Facebook; Google+; Pinterest; Instagram, etc.) e os blogs corporativos. Finalmente o terceiro dos eventos prácticos abordará os segredos dos posicionamento na rede e a reputación en liña.
As asociacións interesadas en entrar a formar parte do primeiro portal dixital só teñen que inscribirse a través da web da Deputación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?