Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AIMEN e Gradiant achegan un sistema de visión para videovixilancia máis eficaz e de menor custe
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AIMEN e Gradiant achegan un sistema de visión para videovixilancia máis eficaz e de menor custe

Redacción
Publicado: 12/03/2015
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

Os integrantes do proxecto europeo SEERS
Os integrantes do proxecto europeo SEERS
Os centros tecnolóxicos AIMEN e Gradiant están a participar amplamente nun proxecto para dar forma a un sistema de visión para videovixilancia máis eficiente, eficaz e sustentable. A tecnoloxía desenvolvida, multiespectral e de gran potencial para o seguimento das contornas costeiras e de infraestruturas críticas (por exemplo túneles), poderá instalarse tanto en plataformas estáticas coma en drons, segundo fixeron os ditos centros tecnolóxicos galegos na presentación do sistema, na que tamén participaron representantes do proxecto europeo SEERS, que é onde se insire a realización desta tecnoloxía. Esta, engadiron, “permitirá detectar fume, fugas de gases, verteduras, obxectivos en condicións de baixa visibilidade e realizar medidas de temperatura e concentración de gases”.
Amais de AIMEN e Gradiant, concorren nos traballos compañías de seis países europeos, xuntando forzas ao abeiro do devandito consorcio SEERS (SEERS = Snapshot Spectral Imager for Cost Effective IR Surveillance). As principais vantaxes de este sistema respecto dos actuais, sinalan os centros galegos, son o seu prezo (que pode chegar a ser ata cinco veces menor grazas á combinación de diferentes sensores), así como o incremento tecnolóxico que introduce, xa que poderá facer mostras de todo o rango infravermello valéndose dun único dispositivo.
A tecnoloxía, como dixemos, porase en práctica en dispositivos de vixilancia costeira e seguimento do tráfico en túneles. No primeiro caso, o obxectivo é facilitar as tarefas de control da seguridade en portos e a detección de verteduras, así como contrabando e tráfico de persoas, entre outros; mentres que no segundo medirase a calidade do aire e ofreceranse datos sobre o estado do túnel, “sendo de utilidade para orientar tarefas de rescate en caso de accidente”, sinala AIMEN, que tamén nos recorda que os recursos de visión infravermella téñense empregado decote no ámbito militar, trasladándose logo os achados xerados neste ámbito a outros ámbitos como a videovixilancia e a seguridade no eido civil (co obxectivo de optimizar tarefas).
proxecto_seers_traballo.jpgPara levar a cabo este proxecto, o consorcio SEERS empregará sensores baseados en compoñentes de baixo custe, que incluirán diferentes rangos de infravermellos: próximo (NIR), de onda curta (SWIR), de onda media (MWIR) e de onda longa (LWIR). Para poder cubrir este espectro, explica AIMEN, “construirase unha óptica compacta e desenvolverase un método de procesado que permita a combinación destas imaxes, así como un sistema de análise de vídeo capaz de explotar a información multiespectral capturada”. O sistema resultante poderá instalarse en plataformas estáticas ou en drons, “e permitirá manter a visibilidade en condicións de néboa e fumes, así como detectar fugas de gases e verteduras; e medir a temperatura provocada por incendios ou explosións, ofrecendo datos relevantes para coordinar, dun modo máis efectivo, labores de salvamento”.
AIMEN, líder da iniciativa, contribuirá co coñecemento e experiencia no eido da visión embebida, o procesado de imaxe en tempo real e o tratamento de imaxes espectrais. “A nosa principal achega ao proxecto”, engaden fontes do centro tecnolóxico, “será o deseño do sistema embebido de reconstrución e procesado de imaxe e un sistema de iluminación activa; ademais participaremos activamente no desenvolvemento dun novo módulo sensor para o rango do infravermello de onda media e curta, baseado nunha aproximación de multiapertura óptica”.
Gradiant, pola súa parte, porá en xogo a súa experiencia en análise de vídeo aplicada aos sectores da seguridade e as Cidades Intelixentes. Segundo se informa, “o principal reto que terán que resolver os seus enxeñeiros e enxeñeiras neste proxecto será o desenvolvemento de software de análise de vídeo intelixente que aproveite a información de todo o espectro infravermello, o que suporá unha solución única no mercado da videovixilancia a nivel mundial”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?