Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O animador Raul García falou na Coruña sobre o futuro da animación e as oportunidades das novas plataformas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O animador Raul García falou na Coruña sobre o futuro da animación e as oportunidades das novas plataformas

Redacción
Publicado: 12/03/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

clag_masterclass.jpgEste mércores celebrouse na Coruña un coloquio sobre o presente e o futuro da animación, unha cuestión que inevitablemente atinxiu ás novas tecnoloxías e as súas posibilidades na industria: dende o micromecenado que posibilitan as plataformas específicas ata os novos recursos de rodaxe, creación de escenarios e distribución. O coloquio, organizado polo CLAG (coa colaboración da Fundación Averhó e o Concello), contou coa presenza dun relator que coñece a fondo todos os elos da cadea de produción audiovisual: o madrileño Raúl García, animador e director de cinema con residencia actual en Los Ángeles, Estados Unidos. Na súa intervención falou das claves para crear animación “con gancho” e, tamén, das oportunidades que brindan os novos xeitos de crear e subministrar cinema.
Á cita acudiron máis de cincuenta profesionais e estudantes do sector audiovisual e da animación. Foi inaugurada polo presidente do Clúster Audiovisual de Galicia, Andrés Barbé, e proseguiu co relatorio de Raúl García, que abriu a intervención lembrando aos presentes o bo estado de saúde da animación, malia as moitas cousas que ten en contra, por exemplo o custoso que resulta. Sobre os diferentes medios de exhibición das producións, o animador que a día de hoxe o que semella imporse son os produtos híbridos, nos que se esvaecen as fronteiras entre animación e imaxe real. Acerca da televisión, o director diso que é “o medio ofrece máis oportunidades aos profesionais do sector nestes momentos e explicou que as series de televisión animadas implican un proceso máis tardío onde o risco que se asume é menor con respecto ao cinema”. En relación ás novas plataformas dixitais de distribución, por exemplo Netflix, o relator opinou que lles parecen un eido a explorar, “un eido que sen dúbida está a mudar o panorama da industria tradicional”.
Xa enfiando o remate da súa intervención, os asistentes preguntaron a Raúl García acerca do futuro da animación, ao que este respondeu que “estamos nun período de transición onde están cambiando os hábitos dos consumidores de produtos animados, no que nunca antes se fixera tanta animación para televisión e no que as novas plataformas de distribución de contidos obrígannos a adaptarnos a un novo escenario”. Durante a charla tamén se abordaron outros temas de interese, tanto para os actuais como para os futuros profesionais do sector da animación.
Raúl García tamén impartiu, o mércores pola mañá, unha clase mestra sobre A importancia dos principios da animación. A sesión foi dirixida aos alumnos da Fundación Averhó e durante a mesma o director madrileño explicou que a animación “non consiste só en mover os personaxes, hai que dotalos de vida, actitude e personalidade, asegurou”. Tamén salientou que a base de toda animación, con independencia de que estea feita en 2D ou 3D, “son os comezos da animación”. Para explicalos fixo referencia ás leis de Newton: “Á hora de animar hai que ter en conta a gravidade, o peso e que o corpo tende a volver ao estado de repouso”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?