Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: EasyonPAD e R participan na nova edición da xuntanza de negocios de AEMOS
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

EasyonPAD e R participan na nova edición da xuntanza de negocios de AEMOS

Redacción
Publicado: 13/03/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

aemos_encontro.jpgA Asociación de Empresarios de Mos (AEMOS) comunícanos que vai celebrar a terceira edición do seu Encontro de Negocios AEMOS, o vindeiro 25 de marzo no Hotel Talaso Atlántico de Oia. Será, sinala a organización, unha cita para contactos, oportunidades de negocio, alianzas comerciais e novos investimentos. Unha das novidades do convocatoria deste ano, segundo engade a asociación, é a presenza dun colaborador TIC de especial relevancia no mercado, máis polo miúdo a plataforma EasyonPAD, un recurso tecnolóxico adaptado especificamente ao evento e que, tal e como explican dende AEMOS, impulsará a conectividade a interacción integral entre as distintas empresas e profesionais asistentes.
“Deste xeito, o encontro servirá de canle de promoción e difusión desta nova plataforma para a comercialización de produtos e servizos, destacando sobre todo no sector turístico e na organización de eventos”, informa a organización empresarial galega, que engade que este ano integrarán a xuntanza en Oia un total de 40 empresas da contorna de Vigo e a súa área metropolitana, das cales 30 serán novas no encontro (expoñendo por vez primeira as súas liñas de negocio), e as 10 restantes, participantes noutras edicións. O gran obxectivo de AEMOS é “favorecer a conexión entre o noso tecido produtivo asociado e incrementar a rede comercial das nosas empresas, sempre en prol de maiores cotas de negocio”, sinala o xerente da asociación, Francisco Domínguez.
As 40 empresas participantes presentarán as súas organizacións, establecerán relacións comerciais e exporán as súas experiencias de negocio co fin de estimular posibles novos investimentos.
O encontro dará comezo ás 09.00 horas do mércores día 25 de marzo coa recepción, acreditación e presentación do evento. Ás 09.15 horas haberá un almorzo de traballo sobre a xestión do absentismo laboral na PEME. Media hora despois, está previsto que comece a primeira rolda de presentacións das empresas participantes, sendo a segunda quenda ás 12.00 horas. Tamén haberá dúas mesas de protagonistas, ás 10.45 e ás 13.30 horas, nas cales se formarán grupos reducidos de empresas agrupados por actividade empresarial de interese. A xornada completarase con dous coloquios, un sobre o financiamento das PEME en 2015, ás 11.30 horas a cargo de Martín Blanco, director de zona Porriño-Condado-Paradanta de Abanca; e outro, ás 13.00 horas sobre o traballo remoto colaborativo, a cargo de David Veloso, do departamento de Mercadotecnia de R.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?