Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: En marcha dende Galicia unha innovadora plataforma de chefs a domicilio, Bendita Cociña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

En marcha dende Galicia unha innovadora plataforma de chefs a domicilio, Bendita Cociña

Redacción
Publicado: 13/03/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

bendita_cocina.jpgQue estamos fartos de ocuparnos nós mesmos de facer de cociñeiros en xantares e ceas coa parella, amigos, compañeiros de traballo ou familiares? Pois a Rede axuda a buscar alternativas. En boa medida, crea comunidades e permite establecer colaboracións. Disto trata Bendita Cociña, unha web posta en marcha por mans galegas que se presenta estes días como “a primeira plataforma de chefs a domicilio de Galicia”. Dito noutras palabras: do que se trata é permitirnos elixir o chef e o menú, o cociñeiro que vai á nosa casa, que usa a nosa cociña, que nos serve os pratos e que mesmo frega a louza cando remate a velada. O proxecto, que está a sumar chefs a domicilio de boa parte da xeografía estatal, comeza a estar operativo en diferentes comunidades autónomas. O lema da iniciativa: “Sentar á mesa e punto”.
A idea xorde da axencia de comunicación galega Elemental Chefs, con ampla experiencia no ámbito da mercadotecnia gastronómica. Segundo nos conta un dos responsables da iniciativa, Isaac González, Bendita Cociña consegue “que un cociñeiro profesional nos faga vivir unha experiencia gastronómica única, dentro da nosa propia casa e con todas as facilidades para que non teñamos que erguernos da mesa”.
A plataforma, que vén de comezar a súa andaina, conta xa nas súas fileiras con prestixiosos chefs galegos como por exemplo Iván Méndez, Marco Varela ou Alba Filgueiras. Segundo informan os creadores do servizo, xa hai outros cociñeiros repartidos por toda a xeografía española uníndose ao proxecto: “Xente de Madrid, Cataluña, Euskadi, Andalucía, Valencia, Canarias ou Baleares comezou xa a contratar os seus servizos para organizar unha cea ou xantar no salón da súa casa”.
Dende Elemental Chefs, explican que “os nosos cociñeiros son profesionais que se adaptan a todo tipo de situacións, mesmo nos din que empresas de alimentación contrataron xa os seus servizos para dar a coñecer os seus produtos a través deste orixinal proxecto”. Isto, engaden, é o que se coñece como win win: a empresa dá a probar os seus produtos a clientes contratando un chef a domicilio para que cociñe con eles.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?