Telefónica comezará a comercializar a partires do luns o seu servizo Movistar TV nos televisores Samsung Smart TV coa solución Movistar TV Ready, de xeito que os usuarios poderán acceder aos servizos de Movistar TV nos seus televisores sen necesidade de adaptar un receptor ou descodificador, xa que o devandito descodificador xa estaría incorporado no software do propio televisor.
Esta funcionalidade, denominada Movistar TV Ready, é pioneira na industria e ofrece unha experiencia de usuario mellorada xa que permite ter menos equipos e cables no fogar, así como aproveitar ao máximo a potencia do hardware destes televisores. Co propio mando do televisor accédese á aplicación Movistar TV, e dende el a todos os contidos e funcionalidades que o cliente ten contratados con Telefónica.
Esta solución achega, ademais, un aforro enerxético e mellora as prestacións dos descodificadores actuais. Tamén garante a calidade HD do servizo sen retardo nas emisións en directo e intégrase como unha das fontes do televisor, permitindo ao usuario idéntica experiencia á que ten cun descodificador: O televisor arrancará na aplicación Movistar TV cada vez que o usuario acenda o televisor.
Desta forma Movistar TV Ready convértese nun servizo premium de televisión integrado nos Smart TV, diferenciándose claramente do resto de aplicacións de vídeo dispoñibles actualmente, baseadas en Internet TV. Ao contrario do que acontece con este tipo de aplicacións, con Movistar TV Ready os usuarios gozan no Smart TV da oferta completa de canles contratadas, con calidade HD, acceso ao gravador, ás opcións de idioma, aos contidos baixo demanda (incluíndo o recentemente lanzado Movistar Series), etcétera.
Movistar TV Ready está dispoñible na práctica totalidade dos modelos Samsung Smart TV FHD (serie H) de 2014 comercializados actualmente e, proximamente incorporarase tamén aos modelos da gama de 2015 da firma coreana.
Os usuarios, independentemente de onde adquirisen a súa TV, poderán encontrar a aplicación Movistar TV no panel SAMSUNGAPPS dos televisores Smart TV compatibles e se xa son clientes de Movistar TV, deberán chamar 1004 para activar de balde o uso sen descodificador, para así poder empezar a nova funcionalidade, coas comodidades descritas (un só mando e quitando o descodificador).
Movistar comezará comercializando nas súas tendas un modelo de Samsung Smart TV compatible con Movistar TV Ready. É un modelo de 40″ a un prezo de 399 euros libre, e 528 euros para clientes de Movistar nun paquete de TV, smartphone e tablet. Proximamente, incorporará novos modelos de televisores á súa oferta.
Movistar TV poderase recibir directamente en Smart TV de Samsung
Compartir Este Artigo
