A AMTEGA, en colaboración coa FEGAMP, celebra o vindeiro luns o I Encontro para o Desenvolvemento da Administración Electrónica baixo o lema “Un compromiso conxunto cara aos cidadáns”, que busca pór en común as liñas de colaboración da Administración autonómica coas entidades locais para a implantación da Administración electrónica, avanzar novas medidas e abrir un foro de debate sobre temáticas de interese e actualidade neste eido.
A xornada, comezará coa mesa redonda Cara a unha veciñanza intelixente, na que se abordarán aspectos chave da Administración electrónica como a interoperabilidade, a capacitación dixital. Intervirán nesta mesa a xefa do Departamento de Administración Electrónica da Amtega, Isabel Pillado Quintáns; Responsable TIC da FEGAMP, Raúl Fernández; o presidente do CPEIG, Fernando Suárez Lorenzo e o xefe de Servizo de Asistencia aos Sistemas de Xestión da Deputación da Coruña, Miguel Lorenzo
A segunda mesa da mañá centrarase na Factura electrónica, a licitación electrónica e Transparencia como retos presentes e futuro cara o bo goberno. Nesta mesa participarán o vicesecretario xeral da Deputación Provincial de Ourense, Juan Marquina; o xefe de proxecto de Licitación electrónica da Deputación de Pontevedra, Juan Gabriel Fernández.; o interventor xeral do Concello de Negreira, Francisco Javier Portela; o director Xeral da FEGAMP, José Manuel Chapela e director de Fondos Europeos e Responsable do Servizo de Novas Tecnoloxías da Deputación de Lugo, Pablo Rivera.
Pola tarde o debate centrarase nas infraestruturas de telecomunicación e nos retos dos profesionais TIC na Administración local. Na primeira mesa, o director da área de infraestruturas e telecomunicacións da AMTEGA, Adrián Lence, falará da nova Rede Dixital de Emerxencias de Galicia; María Cacharro do Colexio de Secretarios, Interventores e Tesoureiros da Administración Local abordará o modelo de ordenanza para a adaptarse á nova Lei de Telecomunicación; e o vogal do Colexio de Enxeñeiros de Telecomunicación, Javier Fernández, exporá a importancia do despregamento de novas infraestruturas de telecomunicación para a implantación da eAdministración.
Programa da xornadaO encontro rematará analizando os retos do profesionais TIC das Administracións locais da man do responsable de informática do Concello de Lugo, Eduardo Risco, do presidente do CPEIG, Fernando Suárez Lorenzo, e do presidente do CPETIG.
A inscrición na xornada pode realizarse a través do correo electrónico ou do teléfono 981 95 75 55.
Un encontro en Santiago abordará o desenvolvemento da eAdministración nas entidades locais
Compartir Este Artigo
