
Na súa opinión, “a crise incrementou o interese dos medios por atraer ao seu público, de tal xeito que a súa colaboración fíxose máis patente, tanto nos diarios como nos medios audiovisuais”. O seu traballo, que se centrou no xornal gratuíto 20 Minutos, certifica que “as distancias entre os medios e o seu público acurtáronse no século XXI”. Para a súa tese, dirixida pola profesora da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Aurora García, afondou na evolución ao longo da historia da participación dos lectores e lectoras nos xornais que pasou de ter nas cartas “o seu espazo orixinario a dispararse coas novas tecnoloxías e a consecuente evolución das necesidades dos medios”. E engade: “En base a todo isto e grazas á converxencia dos medios e as reaccións multimedia, os lectores convertéronse en protagonistas”. Unha das consecuencias naturais disto puido ser, sinala, “a crise de moitos diarios, sobre todo impresos”.
No seu traballo sinálase que as novas tecnoloxías trouxeron novas problemáticas para a profesión, como por exemplo as irrupcións publicitarias ou unha necesidade de seren máis veloces (os xornalistas) no seu traballo, co fin de competir coa inmediatez que é o factor primordial da nova comunicación 2.0. A investigadora sinala que o feito de que os avances tecnolóxicos fixesen posible un meirande “intercambio entre público e xornalista, fai necesario un sentido crítico para establecer claras diferenzas entre cidadán e xornalista”. Ao seu xuízo, de darse esta situación, “o xornalismo cidadán non fará desaparecer a profesión, aínda pero si modificará o xeito de traballar”.
Unha investigadora da UVigo identifica o medre do xornalismo cidadán co despuntar da crise
Compartir Este Artigo
