Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A galega Situm Technologies sitúase entre as gañadoras do concurso Elevator Pitch Singularity University
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A galega Situm Technologies sitúase entre as gañadoras do concurso Elevator Pitch Singularity University

Redacción
Publicado: 16/03/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

situm_10285732_10152893160643264_8364425563648952176_o.jpgO pasado venres a startup galega Situm Technologies foi elixida como unha das tres gañadoras do concurso Elevator Pitch Singularity University, no que 25 empresas emerxentes españolas competían por posicionarse entre as tres startups españolas con máis potencial no campo dos smartphones e a mobilidade mediante a dinámica do elevador pitch, ferramenta de comunicación que consiste en resumir un discurso de presentación nunha mensaxe curta.
A proba tivo lugar a tarde do venres no Teatro da Mestranza de Sevilla, dentro do cumio español Singularity University, a entidade máis prestixiosa e especializada a nivel internacional no ámbito da investigación e desenvolvemento de novas tecnoloxías, que ademais conta co apoio da NASA, Google e a aceleradora europea IMPACT.
situm_11070505_10152893160203264_7409633261601745519_o.jpgTras presentar a súa tecnoloxía en tres minutos ante un xurado composto por expertos en tecnoloxía e no negocio móbil, Situm posicionouse entre as tres empresas vencedoras. Como gañadora, a nova empresa galega obtén puntos extra no proceso de selección ao programa de aceleración do Consorcio IMPACT, no que os seus participantes optan a unha dotación de financiamento de 100.000 euros a fondo perdido, así como a formación e acceso a investidores.
O Elevator Pitch Singularity University premia proxectos tecnolóxicos na área dos móbiles e a mobilidade que subministren calquera tipo de estudo, servizo, aplicación web, historia, desenvolvemento, aplicacións para dispositivos móbiles intelixentes, etc. utilizando as tecnoloxías FIWARE.
situm_1926185_10152893160858264_3825939570783181213_o.jpgAs tres startups gañadoras desta entrega do Elevator Pitch Singularity University foron: Mencanta, unha aplicación móbil do ámbito da moda, con sede en Sevilla; Pul-security, unha idea creada en Madrid para a seguridade e monitorización de pacientes en servizos de teleasistencia; e Situm, unha empresa galega capaz de dotar a grandes o superficies de servizos de localización e navegación (GPS de interiores).
Situm Technologies é unha empresa asentada en Compostela dedicada ao deseño e desenvolvemento de sistemas de localización e navegación en interiores para smartphones. A partir disto, ofrece servizos xeoposicionados que se basean na creación de apps para móbiles e permiten, entre outros:
– guiado de persoas en grandes superficies
– busca de produtos e tendas en centros comerciais
– promocións personalizadas para cada usuario (sobre a base dos seus hábitos e posición en tempo real)
– estudo de comportamento de clientes en tenda (p. ex. traxectorias, puntos quentes, etc.)
– información sobre a posición de empregados en tempo real (p. ex. en fábricas)
– audioguías xeoposicionadas para museos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?