Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: En marcha nos concellos de Pontevedra o proxecto para a xestión intelixente dos activos da provincia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

En marcha nos concellos de Pontevedra o proxecto para a xestión intelixente dos activos da provincia

Redacción
Publicado: 16/03/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

depo_depogap_xornada.jpgA semana pasada organizouse na Deputación de Pontevedra unha xornada de traballo sobre depoGAP: Xestión de Activos da Provincia de Pontevedra. Na xuntanza participaron arredor de dous centos de persoas: alcaldes, enxeñeiros e técnicos dos concellos, o presidente do organismo provincial, Rafael Louzán, e o xefe do Servizo de Novas Tecnoloxías, Amancio Varela, a deputada Begoña Estévez e máis os expertos e os responsables da firma adxudicataria do proxecto en cuestión. Na reunión, o presidente definiu o proxecto como “unha decidida aposta pola xestión intelixente dos bens e activos da provincia”. Tamén fixo saber que esta semana que comeza unha ducia de equipos de 112 profesionais cada un comezarán a desenvolver a iniciativa nos concellos da dita contorna xeográfica.
Como lembraremos, depoGAP é un proxecto de base tecnolóxica, cofinanciado nun 70 % con fondos FEDER, destinado “a mellorar os servizos públicos prestados a través da implementación dun novo modelo innovador de xestión intelixente dos seus activos provinciais (edificios públicos, instalacións polideportivas e mobiliario urbano, entre outros) mediante a colaboración dos concellos e a participación dos cidadáns na xestión municipal”, sinalou no seu día a Deputación.
Na xuntanza da semana pasada, o presidente salientou que o proxecto “dotará os concellos de información que lles permitirá optimizar a xestión dos seus activos e lles axudará a tomar decisións eficientes sobre eles”. Subliñou tamén que “fomentará a participación dos cidadáns na Administración e que lles permitirá adquirir o coñecemento necesario sobre a eficiencia enerxética, para diminuír así o gasto e o impacto medioambiental a través do uso eficiente dos activos públicos”.
Pola súa banda, Amancio Varela fixo saber que DepoGAP abrangue o desenvolvemento dun inventario de activos nos concellos e na propia Deputación; amais da integración e posta en marcha dunha plataforma tecnolóxica á que terán acceso os concellos para xestionar os seus activos, un cadro de mando integral para facilitar a toma de decisións municipais, e un portal e unha aplicación para dispositivos móbiles que permitan a participación cidadá. “Ademais”, dixo, “tamén inclúe a realización de probas piloto de eficiencia enerxética sobre diversos ámbitos coma a iluminación pública ou as infraestruturas deportivas, o que xerará o coñecemento necesario para mellorar a súa xestión”. Segundo engadiu o xefe do Servizo de Novas Tecnoloxías, con DepoGAP “a provincia de Pontevedra será a primeira Administración intelixente de España”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?