
O motor de xeolocalización realiza as seguintes 3 funcións:
– Determina a posición do usuario nun punto do interior do edificio, sen usar sinal GPS
– Establece rutas a destinos concretos do edificio, mostrando en pantalla as indicacións necesarias. Estes destinos pode ser os aseos, saídas de emerxencia, escaleiras, tenda do museo, etc…
– Sabendo a posición do usuario, pode mostrar a información dos elementos que o rodean, neste caso as obras expostas no museo.
Amais destas funcionalidades engadíronselle novas:
– Posicionamento personalizado no exterior da Cidade da Cultura.
– Zoom sobre certas imaxes de obras da exposición.
– Xiro do mapa acorde coa rotación do compás magnético.
Adicionalmente engadiranse en breve novas funcionalidades como son:
– Xogo didáctico para nenos.
– Posibilidade de varias rutas guiadas, en función dos desexos dos visitantes.
A versión para Android, na que participaron membros do equipo de AxouxereGames, é compatible con Android 4.3 en diante pero para quen non dispoña dun dispositivo compatible no Museo haberá a disposición do público tabletas para poder facer que a visita á nova exposición sexa máis enriquecedora.
A aplicación móbil, dispoñible en 3 idiomas (galego, español e inglés), é tamén unha potente multiguía, xa que mostra información das obras en forma de texto, audio, vídeos e URL a webs referidas ás obras, mostrando así unha información moi completa de cada obra.
O Museo Centro Gaiás renova as súas aplicacións móbiles co gallo da súa nova exposición
Compartir Este Artigo
