Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O presente e o futuro da Rede, polo miúdo na derradeira xornada de InnovaTE2
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O presente e o futuro da Rede, polo miúdo na derradeira xornada de InnovaTE2

Redacción
Publicado: 17/03/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

depu_lugo_dans.jpgEste martes rematou o ciclo de xornadas do proxecto InnovaTE2 da Deputación de Lugo. O broche de ouro púxoo o encontro Espremendo a Rede, reflexións sobre a alfabetización dixital, que correu a cargo do galego Enrique Dans, profesor e reputado blogueiro, amais de ser un dos principais abandeirados das liberdades de información e comunicación vinculadas ás novas contornas e os novos dispositivos. Foi a primeira vez en que a provincia acolleu un relatorio oficial de Enrique Dans, quen baseou unha boa parte da súa intervención en analizar en detalle o presente e o futuro da Internet e as redes sociais.
Dans, profesor na IE Bussines School amais de bitacoreiro dixital (con máis 230.000 seareiros habituais), achegou información sobre a vertente máis útil da Internet, sobre os novos xeitos de interactuar que están a introducir (dende as redes cara a sociedade, modificando mesmo a maneira que temos de comunicarnos off line) e sobre o que se pode agardar de Internet e as redes sociais nun futuro próximo. Amais do público que acudiu ao salón de actos do Pazo de San Marcos, sede da Deputación, tamén foron moitos os que puideron seguir a intervención de Dans pola Rede en streaming a través de deputacionlugo.gal, grazas ao traballo da Fundación TIC.
Segundo lembrou o organismo provincial, a de onte non foi a primeira ocasión na que trouxo a prestixiosos expertos no eido das novas tecnoloxías e as redes sociais. Profesionais e divulgadores como Eduardo Punset, Emilio Duró; Fernando Trías de Bes ou José Antonio Rodríguez son algúns dos persoeiros que teñen compartido cos lucenses os seus coñecementos do mundo dixital e a comunicación ao abeiro do programa tecnolóxico da institución provincial que rematou este martes.
Enrique Dans, licenciado en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, a día de hoxe exerce de profesor de Sistemas de Información na IE Business School dende o ano 1990, materia esta na que está doutorado pola Universidade de California en Los Ángeles (UCLA). Alén do seu labor docente, Dans traballa de asesor tanto para compañías como para startups, en medios de comunicación en temas relacionados coa rede e a tecnoloxía. Enrique Dans salienta ademais como blogueiro, co seu caderno en liña persoal, un dos máis populares en lingua española en todo o mundo, rexistrando máis de 230.000 seareiros habituais.
Esta conferencia, como dixemos, puxo o punto final ao Innova-TE2: Deputación Dixital, o programa tecnolóxico da Deputación, financiado nun 80% pola Unión Europea, a través do cal o organismo provincial lugués puxo en marcha diferentes iniciativas de impulso e consolidación das TICs entre diferentes sectores da sociedade lucense, “entre as que destacaron polo seu rotundo éxito”, sinala a institución, “aquelas destinadas aos maiores de 55 ou ao tecido empresarial da provincia”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?