Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Universidade de Vigo, pioneira en recibir autorización para facer traballos aéreos con drons
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Universidade de Vigo, pioneira en recibir autorización para facer traballos aéreos con drons

Redacción
Publicado: 18/03/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_drons.jpgA Universidade de Vigo vén de recibir a autorización da Axencia Estatal de Seguridade Aérea, AESA, para levar a cabo traballos de voos con vehículos non tripulados, drons. Entre outras cousas, isto significará que a institución académica poderá darlle “un pulo substancial” ao aparello que adquiriu o ano pasado e que ata o de agora se estaba a probar nun campo lindeiro coas dunas da praia da Lanzada. Este vehículo, de dous quilos de peso e con capacidade para percorrer distancias de arredor de 16 quilómetros (de xeito automático mais cunha ruta GPS planificada polo piloto), forma parte da Unidade de Detección Remota do Centro de Apoio Científico e Tecnolóxico á Investigación, CACTI, da Universidade de Vigo. Esta, en virtude do devandito recoñecemento da AESA, será a primeira institución educativa superior do Estado en estar autorizada para desenvolver probas aéreas con drons.
O recoñecemento, sinala a UVigo, é “un requisito obrigatorio que marca a diferenza entre os robots destinados a realizar actividades aéreas e os aeromodelos, ou aeronaves destinadas ao lecer”. E engade, explicando a diferenza entre un aparello e outro: “Un aeromodelo é un robot voador, unha máquina que calquera pode mercar nunha tenda, pero para realizar traballos aéreos usando unha aeronave non tripulada de xeito legal, cómpre dispor da autorización da AESA”. A explicación vén da man de Ramiro Álvarez, responsable do Servizo de Detección Remota do CACTI, que é tamén o piloto do devandito aparello e director de Operacións de Formación/Mantemento. Ao seu xuízo, resulta “moi positivo que a Universidade de Vigo sexa a primeira institución académica en acadar a autorización da axencia xa que, ser a primeira significa estar só, é dicir ausencia de competición e aínda que hai numerosas operadoras privadas, o seus prezos son demasiado altos para investigadores universitarios, mentres que o CACTI dispón de tarifas simbólicas moi baixas, que son totalmente accesibles para o persoal investigador”.
Por certo que o devandito dron da Universidade, entre os seus cometidos e funcións ten os seguintes: traballos de Investigación e Eesenvolvemento (I+D); fotografía, filmacións e levantamentos aéreos e investigación e recoñecemento instrumental que inclúe calibración de equipos, exploración meteorolóxica, marítima, xeolóxica, petrolífera ou arqueolóxica e enlace e transmisións.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?