Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Entregan os premios do certame Lingua de namorar
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Entregan os premios do certame Lingua de namorar

Redacción
Publicado: 18/03/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20150318_lingua_namorar_02.jpgA Xunta celebrou esta tarde o acto de entrega de premios do certame de declaracións de amor na Rede Lingua de namorar, convocado polas consellerías de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e mais de Traballo e Benestar, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, respectivamente.
A entrega, que conduciu a escritora Yolanda Castaño, celebrouse na Sala Eisenman coa participación do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; do director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro; da directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Beatriz González-Loroño; e das seis autoras das mensaxes elixidas polo xurado de entre as 50 máis votadas. A interpretación en directo destes seis textos gañadores, que pódense ler na web, correu a cargo do cantautor Manoele de Felisa.
20150318_lingua_namorar_05.jpgA terceira edición do concurso Lingua de namorar, na que participaron preto dun milleiro de mozos e mozas durante as tres semanas nas que se desenvolveu o concurso, ben enviando mensaxes, ben como votantes, recolleu nas súas bases dúas categorías de idade. As mensaxes gañadoras, que deberon estar redactadas en lingua galega e non superar os 350 caracteres, foron elixidas polo xurado do concurso de entre as 50 declaracións máis votadas polos usuarios e usuarias en cada unha das categorías de idade.
20150318_lingua_namorar_04.jpgNa categoría A, de 14 a 19 anos, gañou o primeiro premio Marta Gómez Martín (Pontevedra), coa mensaxe “Atea”; a gañadora do segundo premio foi Saray Díaz Canosa (Narón), pola mensaxe “Ego”; e a gañadora do terceiro premio foi Sabela Domínguez Souto (Verín), pola mensaxe “O meu ritmo”. Recibiron, respectivamente, unha cámara somerxible Fujifilm FinePix XP70 e mais unha actividade de aventura para dúas persoas; unha tableta para lectura Kindle con pantalla táctil de 6 polgadas e unha videocámara de deporte dixital impermeable, amais dun diploma acreditativo e cadanseu lote de libros.
20150318_lingua_namorar_03.jpgNa categoría B, de 20 a 35 anos, gañou o primeiro premio Aitana Iglesias Márquez (Narón) coa mensaxe “Polos opostos”; a gañadora do segundo premio foi Sonia Varela García (Arteixo, A Coruña) pola mensaxe “Sentimento metereolóxico” e o terceiro premio recolleuno María José Chao Sánchez (Ares) pola mensaxe “Así”. Recibiron, respectivamente unha tableta 4.0 de 10,1 polgadas e 32 GB e mais unha actividade de aventura para dúas persoas; un disco duro Toshiba Canvio Basics de 2.5 polgadas (USB 3.0, 1 TB) e unha tarxeta regalo Spotify Premium de 6 meses, amais dun diploma acreditativo e cadanseu lote de libros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?