Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O proxecto do CESGA e a USC para acadar ensaios a distancia, referente estatal e europeo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O proxecto do CESGA e a USC para acadar ensaios a distancia, referente estatal e europeo

Redacción
Publicado: 18/03/2015
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

cesga_trieste_caceres_concerto.jpgA experiencia levada a cabo polo CESGA e a USC para acadar concertos a distancia cun mínimo de latencia vén de ser reflectida en detalle pola Plataforma SINC, medio de comunicación referente (a nivel estatal e internacional) en materia de divulgación científica e tecnolóxica. A plataforma lembra que os traballos conxuntos do Centro de Supercomputación de Galicia e a Universidade de Santiago dirixíronse a facer posible a antiga arela de músicos de todo o mundo de poder tocar xuntos malia as longas distancias que os puidesen separar. Até o de agora, os principais atrancos eran a latencia e o retardo. Os experimentos de demostración en vivo con tecnoloxías musicais pioneiras, amais de apoio e entrega de músicos profesionais, fixeron realidade o devezo. Segundo se apunta, estamos ante unha iniciativa pioneira a nivel estatal.
Botouse man, en primeiro lugar, da tecnoloxía LOLA (LOw LAtency), desenvolvida polo Conservatorio Giuseppe Tartini de Trieste en consorcio con GARR (a rede italiana de investigación) e trátase dun software e de unha especificación hardware que se emprega para a transmisión de audio e vídeo de alta definición minimizando a latencia entre os dous extremos dunha conexión en liña.
Pola súa banda, lembra SINC, o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e o equipo de Canle Campus da Universidade de Santiago de Compostela (dirixido polo profesor Xaime Fandiño) tiraron proveito de LOLA para levar a cabo experimentos no camiño de lograr que músicos separados por milleiros de quilómetros puideran ensaiar un concerto cun mínimo de latencia (é dicir, que a actuación musical fose sincrónica sen importar os quilómetros que afasten aos artistas).
Como lembramos daquela, o músico e compositor galego Pablo Novoa foi o encargado de interpretar desde Cáceres, xunto ao violinista italiano Sebastiano Frattini (que estaba a 2.700 quilómetros en Trieste, Italia), dous temas musicais moi coñecidos: Sunny de Bobby Hebb, tema popular en anos 60, e Get lucky, canción do grupo francés Daft Punk.
Segundo explica Natalia Costas, técnico superior de telecomunicacións do CESGA e responsable do experimento, “no noso proxecto emítese tamén vídeo, polo que existen requisitos adicionais en todos os elementos da cadea: o ancho de banda, a fiabilidade e a latencia na comunicación do sinal de vídeo; así como a capacidade de procesado dos servidores, sistemas de captación de imaxe e proxección, cableado, etc”. O obxectivo destas experiencias, engade Costas á plataforma de divulgación, é que se acheguen á percepción que temos de tempo real e que sexan o máis síncronas posibles entre ambos os fluxos, audio e vídeo. O proxecto é pioneiro en España, apunta SINC, “e tan só existen outras probas anteriores en redes de investigación europea e americanas”.
Polo que respecta a Nova, comenta o seguinte: “Cando me propuxeron participar nesta experiencia aceptei encantado, son licenciado en Químicas e foi unha forma de unir as dúas caras da miña vocación”. E engade: “Conseguir gravar ou tocar a distancia abre un campo enorme para a colaboración entre músicos e para dar clases sen ter que desprazarse, ademais todo avance para diminuír a latencia é moi beneficioso para mellorar as gravacións musicais e audiovisuais”.
Segundo apunta Costas a respecto do potencial da tecnoloxía, “esta pódese aproveitar directamente na docencia musical, as performances e ensaios a distancia, ou as videoconferencias high end, permitindo en última instancia reducir os desprazamentos e, por tanto, os custos”. Asemade, indica, poden pensarse aplicacións noutros eidos, como a telemedicina (medicina a distancia), “nos que a comunicación audiovisual con mínima latencia é importante”.
No que atinxe ao nivel de latencia que achegan outras tecnoloxías, a investigadora apunta a que hai que xente arestora que dá clases musicais por Skype, pero aceptando sempre un nivel de retardo que, por outra banda, non impide intercambiar música. Conclusión: podemos intercambiar música, si, pero aínda estamos lonxe de tocar a distancia agás a un nivel experimental.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?