Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta destinará 27,7 millóns de euros á dixitalización da Administración
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta destinará 27,7 millóns de euros á dixitalización da Administración

Redacción
Publicado: 19/03/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20150319_feijoo_02.jpgTras a xuntanza de hoxe do Consello da Xunta, o presidente Alberto Núñez Feijoo compareceu antes os medios para dar conta da aprobación do programa de actuación para completar a modernización da administración autonómica que a través da súa dixitalización conseguirá aforrar ata 41 millóns de euros cada ano, de xeito que os 27,7 millóns de euros que investirán no Plan de administración e goberno dixital 2020 poderían recuperarse totalmente nun ano.
A anterior planificación xa contará cunha dotación de 15 millóns de euros, e agora toca continuar avanzando na dixitalización da administración, marcándose como obxectivo que no ano 2020 a totalidade dos procedementos poidan iniciarse por vía electrónica e que o 40% poidan tramitarse integramente de xeito electrónico.
Para conseguir este obxectivo, dotarase á sede electrónica de máis funcionalidades, personalizadas para os diferentes colectivos. Entre elas a posibilidade de obtención de certificados de xeito inmediato, como o de discapacidade ou de familia numerosa.
En segundo lugar, simplificarase á accesibilidade á administración coa extensión de ferramentas como a solución Chave 365, que permite interactuar coa Administración a través do teléfono móbil sen necesidade de empregar un certificado electrónico. E, tamén se impulsará a implantación do sistema de notificacións telemáticas, que permitirá a calquera persoa física ou xurídica recibir as notificacións administrativas nunha caixa de correo electrónico en lugar do tradicional correo certificado e coa mesma validez.
Outra peza chave para conseguir a tramitación electrónica integral é a consolidación do Arquivo Dixital Integrado, que entrará en funcionamento este ano e que permitirá xestionar o ciclo de vida completo de cada documento, ademais de permitir tanto aos empregados públicos como ao propio interesado, recuperar e consultar calquera expediente.
No tocante á dixitalización da xestión interna dos empregados públicos, Feijóo destacou que xa está en marcha o Plan de xestión e dotación de medios TIC no posto de traballo; crearase o expediente dixital do empregado público, “que lle permitirá o acceso aos seus documentos persoais sen necesidade de solicitude previa”; e dixitalizaranse as canles de comunicación co Valedor do Pobo, evitando a circulación de papel.
Por último, abordarase tamén a personalización de servizos para os emprendedores con medidas como: a creación dun rexistro empresarial único, que coordine a rede de rexistros industriais, empresariais e comerciais da Administración pública; ou a posta en marcha da canle empresa, un espazo especificamente orientado ás empresas na sede electrónica da Xunta e do nodo integral de contratación pública, punto único para concentrar e potenciar os servizos de contratación pública galega.
“En definitiva, un plan para poder completar o camiño iniciado en 2009 co obxectivo de que a Xunta sexa verdadeiramente unha Administración dixital: aberta 24 horas e 365 días ao ano; que cada novo servizo que preste o faga sempre pensando no eido dixital; e que se apoie tamén nas novas tecnoloxías para ser cada vez máis transparente”, concluíu Feijoo, a modo de resumo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?