Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Dúas ducias de emprendedores traballarán a pleno rendemento no Centro Yuzz de Santiago
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Dúas ducias de emprendedores traballarán a pleno rendemento no Centro Yuzz de Santiago

Redacción
Publicado: 19/03/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Posta en marcha oficial do centro no Edificio Emprendia da USC / Imaxe de Santi Alvite
Posta en marcha oficial do centro no Edificio Emprendia da USC / Imaxe de Santi Alvite
Finalmente Compostela xa conta de xeito oficial e a pleno rendemento con Centro Yuzz, ou o que é o mesmo, un foco de emprendemento e innovación para a nosa mocidade auspiciado pola RedEmprendia, a Universidade de Santiago e o Centro Internacional Santander Emprendemento (CISE), o Banco Santander e a Xunta de Galicia. O novo centro para a creación de negocios baseados no coñecemento e na creatividade está emprazado no Edificio Emprendia, onde 23 mozos e mozas seleccionados xa polo programa traballarán os vindeiros meses para facer realidade as súas ideas emprendedoras.
O reitor da USC, Juan Viaño, presidiu a inauguración do Centro Yuzz Santiago acompañado pola conselleira de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, Beatriz Mato. Viaño destacou que a presenza de Yuzz na Universidade de Santiago “brindará ao nosos mozos unha oportunidade única para formarse, emprender, intercambiar experiencias e establecer unha excelente rede de contactos en todo o país”. Na súa opinión, o programa “vén fortalecer a estratexia de fomento do emprendemento da universidade, completando o ecosistema emprendedor e reforzando o importante labor que desempeñan o Concurso de Ideas Empresariais Innovadoras da USC e o programa Argos.”
A conselleira de Traballo dixo, pola súa banda, que este ano o programa Yuzz conta cun “importante reforzo” grazas á participación da USC. Mato tamén salientou os “éxitos” logrados polos participantes galegos do programa, que acadaron o segundo premio no 2013 e o primeiro premio de toda España o ano pasado. Para o presidente de RedEmprendia, Senén Barro, dispor dun Centro Yuzz na USC é un “enorme motivo de satisfacción” e tamén un acerto que o programa aposte cada vez máis “por integrarse no mundo universitario, de onde proceden a maior parte dos emprendedores participantes no programa”. Desde o Banco Santander, Pablo Berdiel amosou o medre que tivo o programa de emprendemento nesta convocatoria, “duplicando o número de centros en toda España para promover o talento da xuventude e impulsar o espírito emprendedor”.
Segundo informa a USC, dende o Centro Yuzz Santiago recibirán apoio, formación e asesoramento de expertos 23 dos 900 mozos e mozas emprendedores seleccionados na convocatoria 2015 do programa. Os participantes, seleccionados entre máis de 2.000 inscritos de toda España, foron elixidos, lembra a USC, “por aspectos como o seu perfil emprendedor, traxectoria, capacidade para comunicar a súa idea, o compoñente innovador do seu proxecto, a súa creatividade e o potencial de crecemento da súa idea, entre outros”. E salienta, acerca do potencial e a orixe multidisciplinar das mozas e mozos que operarán dende o acubillo innovador compostelán: “O grupo santiagués destaca pola variedade temática das súas ideas de negocio, que apostan por innovar en ámbitos como as redes sociais, a gastronomía, a saúde, a educación, a comunicación e as TIC. De feito, entre os mozos e mozas participantes no Yuzz Santiago hai estudantes de belas artes, xornalismo, humanidades, administración e dirección de empresas, informática, física, enxeñería ou ciencias da saúde.
Por certo que unha vez rematado o proceso de formación, o mellor proxecto do Centro Yuzz Santiago viaxará a Silicon Valley, nos Estados Unidos, onde terá acceso a foros de financiamento, asesoramento e contacto con investidores. Ademais, ao seu regreso poderá optar a un dos premios que Yuzz vai repartir entre os tres mellores proxectos do país: 30.000 € para o primeiro premio, 20.000 € para o segundo e 10.000 € para o terceiro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?