
Outro dos obxectivos é presentar os mecanismos que posúe actualmente o CDTI sobre financiamento da I+D empresarial. Aquelas empresas interesadas poden inscribirse mediante formulario electrónico ata o vindeiro 27 de marzo. Así mesmo, aquelas que o desexen poderán solicitar reunións bilaterais cos representantes do CDTI, para o que deberán cubrir unha ficha de proxecto e enviala por correo electrónico a proyectos@citic-research.org.
O programa da xornada comeza arredor das 9.15 horas, coa apertura e inauguración a cargo da Axencia Galega de Innovación e as intervencións de Luis Maeso Morena (Departamento de Enerxía, Transporte, Fabricación e Sociedade Dixital da Dirección de Promoción e Coordinación do CDTI), Ricardo Cao Abad (vicerreitor de Investigación e Transferencia da UDC) e Manuel Penedo (coordinador do CITIC). A continuación, Luis Maeso presentará as liñas de axuda á innovación no eido empresarial do CDTI e, ao fío das 11.00 horas, amosaranse dous casos de éxito empresarial. Trala pausa para o café están programadas xuntanzas bilaterais (empresas-CDTI).
O CITIC e o CDTI amosan como obter financiamento para as nosas iniciativas de I+D empresarial
Compartir Este Artigo
