
Deste xeito, engade a entidade profesional, os participantes disporán dos coñecementos teóricos sobre as diferentes tipos de análises existentes así como a capacidade de implementación técnica e práctica das probas que se realizan decote nas distintas modalidades de análise. Amais disto, os alumnos estarán en disposición de prepararen e planificaren un proxecto de auditoría e de realizar os correspondentes informes asociados, así como levar a efecto unha axeitada presentación de resultados.
Para máis información sobre a actividade formativa, o colexio galego lembra que habilitou unha ligazón específica con datos sobre o programa, os formadores, as datas, os prezos, o emprazamento elixido (o Hotel Eurostars San Lázaro de Santiago) e as metodoloxías que debemos seguir para inscribirnos.
Por certo que a formación do curso correrá a cargo de Juan Luis García Rambla, director técnico da área de seguridade TIC de Sidertia Solutions, e máis Ignacio Briones Martínez, enxeñeiro en informática, máster en seguridade e auditoría informática e Certified Informaticon System Auditor (CISA).
O CPETIG achega en abril un curso de auditorías e hacking ético
Compartir Este Artigo
