Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un investigador da USC achega unha tecnoloxía accesible para facermos modelos 3D do noso patrimonio
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un investigador da USC achega unha tecnoloxía accesible para facermos modelos 3D do noso patrimonio

Redacción
Publicado: 19/03/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

De esquerda a dereita, Juan Ortiz, Santiago Martínez e Mariluz Gil, na EPS
De esquerda a dereita, Juan Ortiz, Santiago Martínez e Mariluz Gil, na EPS
Non só se trata só de facer sistemas e tecnoloxías, senón tamén de facer métodos accesibles e simples para facer sistemas e tecnoloxías. Neste último grupo, no das solucións de desenvolvemento, é onde se insire a investigación levada a cabo na Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo (USC) polo enxeñeiro de Montes Santiago Martínez Rodríguez. A súa achega consiste nunha ferramenta “sinxela e económica” para elaborar modelos 3D en diferentes elementos patrimoniais a partir das imaxes captadas por unha cámara fotográfica convencional. Segundo informan fontes da USC, a técnica usada polo investigador para dar forma á súa tese caracterízase polo emprego de algoritmos matemáticos que permiten obter nubes de puntos da superficie dun obxecto.
Con estas nubes de punto, sinala o investigador, pódese reproducir logo, de xeito virtual, a feitura xeométrica do devandito obxecto. “Esta posibilidade permite asemade a obtención de modelos de alta precisión e acabado fotorrealista”, engade Santiago Martínez, que contou para os seus traballos co apoio e dirección dos profesores Mari Luz Gil Docampo e Juan Ortiz Sanz. A súa tese amósase baixo o seguinte epígrafe: Avaliación en campo dunha técnica fotogramétrica de rango próximo e baixo custe baseada na correlación automática de imaxes.
O traballo artéllase en base a catro artigos científicos xa publicados en revistas do ámbito internacional. Na tese exponse o “enorme potencial”da técnica fotogramétrica de rango próximo na documentación xeométrica do patrimonio cultural, tanto no caso de bens sinxelos, como de petroglifos ou mesmo de elementos patrimoniais de gran tamaño. “A partir do modelado 3D”, informa a Universidade de Santiago, “a investigación propón e elaboración dunha gran variedade de produtos derivados, cuxo obxectivo é o de garantir a capacidade de relación con outras disciplinas, de xeito que poidan ser estudados por profesionais de diferentes eidos de traballo que non necesariamente deberían ter coñecementos de fotogrametría”.
O catedrático da Universidade Politécnica de Madrid Ignacio Cañas Guerrero presidiu o tribunal encargado de avaliar a tese de doutoramento presentada por Santiago Martínez, un comité do que tamén formou parte o profesor titular da USC David Miranda Barros en calidade de secretario. Rogelio de la Vega Panizo, profesor titular da Universidade Politécnica de Madrid, e Francisco Manzano Agugliaro, da Universidade de Almería, completaron un tribunal que outorgou a máxima cualificación académica de sobresaínte cum laude á investigación desenvolvida por Santiago Martínez Rodríguez.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?